jueves, 9 de junio de 2011

Viños D.O. Valdeorras: de Dallas a Madrid.

A política promocional do Consello Regulador D.O. Valdeorras en prol da difusión da excelencia dos seus caldos a nivel mundial, dá os seus froitos recollendo unhas impresionantes acollidas en EE.UU. e España.

A dinámica evolutiva dos caldos valdeorreses nos últimos anos, fiel reflexo do traballo ben feito por parte de viticultores, adegueiros e consello regulador; dá os seus froitos recibindo impresionantes acollidas tanto no estranxeiro como en España.

Así, considérase de gran éxito a visita do pasado 18 de Maio ante ao cada vez máis esixente e especializado sector profesional estadounidense, gran seguidor dos viños D.O. Valdeorras, dos que non dubida en valorar a súa diferenciación e coidada calidade como emblema identificativo dos viños amparados baixo esta marca de calidade á que, cada día máis, considérase a D.O. Valdeorras.

A todo isto, hai que lembrar a día de hoxe que un dos selos que se utiliza como modelo exemplificador  no mundo do viño no noso país e como arquetipo a seguir en evolución de calidade, diferenciación, distribución, promoción e prezo; ese é o da D.O. Valdeorras. 
Seminario impartido polo Consello Regulador da Denominación
de Orixe Valdeorras en Dallas

Este reflexo faise palpable en actos como o celebrado o pasado luns en Madrid, cunha afluencia próxima ás 1500 persoas, entre profesionais do sector e público en xeral. Todos eles supuxeron un importante incremento de acollida con respecto a anos anteriores, facendo patente, e permítanme a redundancia, a evolución de calidade que ano tras ano se realiza por parte das adegas desta D.O. sen un incremento notable no prezo dos seus caldos.

E é que se os premios e recoñecementos a nivel nacional e internacional amparan a estes viños; para os adegueiros e Consello Regulador o premio máis importante é o que lle transmitides todos vós co voso interese, acollida e gran valoración que facedes dos seus viños.  

Da nosa parte e da dos adegueiros da D.O. Valdeorras, envíamosvos o nosas máis sincero agradecemento desexando compartir con todos vós moitas reunións como estas.
Presentación degustación dos viños D.O. Valdeorras
en Madrid



No hay comentarios:

Publicar un comentario