martes, 7 de junio de 2011

Éxito de acollida dos viños D.O. Valdeorras en Madrid

Fonte do artígo: EFE
A Denominación de Orixe (DO) de Valdeorras está a resistir ben a crise e mesmo aumentou as súas vendas nos últimos anos, unha tendencia que queren consolidar a través de medidas de promoción, como a presentación de oitenta dos seus caldos que se celebrou onte en Madrid, facendo partícipes a todos os públicos: desde distribuidores a público en xeral.
O presidente do Consello Regulador desta DO, José Luís García-Pando, explicou a Efeagro que na súa Denominación non ten "queixa" de como se están desenvolvendo as vendas e que as adegas de Valdeorras están "a vender un pouco máis" do que se estaba distribuíndo. 

Con xornadas como a presentación de onte en Valdeorras, esta denominación de Orixe persegue que os seus viños sexan "un pouco mellor coñecidos", porque ao ser unha Denominación "pequena" os seus caldos non chegan a todas as canles de distribución. 

Por iso, insistiu en que teñen que "seguir movéndose" para facer chegar as súas excelencias a todos os públicos e, con este obxectivo, a DO Valdeorras celebrará unha xornada similar en Barcelona; outro dos seus mercados "máis importantes", segundo García-Pando. 

Á xornada de presentación, celebrada no hotel Palace de Madrid, acudiron 23 adegas da Denominación de Orixe que expuxeron uns 80 viños. 

Os organizadores, a expensas dunha análise máis exhaustiva, estiman que a asistencia roldou os 1500 visitantes, dende profesionais do sector, catadores, representantes da restauración, distribuidores e público en xeral porque, como lembrou García-Pando, "eles son os que elixen finalmente o viño". 

Entre os caldos, recomendou especialmente o que se elabora coa variedade Godello, autóctona da zona, que xa é coñecida no mercado nacional e internacional e que segundo García "no seu paso pola boca parece máis un tinto que un branco".

Se asistiches e desexas compartir as túas impresións, podes deixar o teu comentario neste artigo 




No hay comentarios:

Publicar un comentario