miércoles, 8 de junio de 2011

Coñece todo sobre o Godello de Valdeorras

A través do especial sobre os brancos de Valdeorras emitido polo programa "Devino", de V televisión, presentámosche todo o mundo que rodea ao Godello en Valdeorras; dende a súa historia, as súas adegas, enfoque comercial até a súa recente actualidade e expectativas de futuro.

A variedade máis significativa da comarca valdeorresa, que está a recibir grandes recoñecementos a nivel nacional e internacional, aséntase nun coidado traballo que se basea en axuntar tradición e modernidade para dotar aos seus caldos dunha calidade incomparable que os encumbra como uns dos mellores viños brancos do mundo.

A través deste especial de V televisión, propómosvos unha maneira de coñecer de forma amena, didáctica e divertida cales son as cualidades específicas destes caldos; desde a súa historia, elaboración, cata, maridaxe, posicionamento e expectativas de futuro.

Desexo que o disfrutedes!



No hay comentarios:

Publicar un comentario