jueves, 2 de junio de 2011

Importante comitiva rusa visita dúas adegas da D.O. Valdeorras

Un grupo de importadores e hostaleiros rusos coñecerán hoxe os viños de Godeval

Mentres diversas adegas preparan as súas mellores galas para lucir as excelencias dos seus caldos en Madrid. O prestixio internacional que atesouran os viños D.O. Valdeorras, reflectido nas últimas visitas realizadas "in situ" ás adegas Valdeorresas por parte de numerosas comitivas do estranxeiro; tradúcese na importante visita dunha destacada comitiva a Adega Godeval, que recibe hoxe  xoves, 2 de xuño,  a un grupo de visitantes moi especial. Son hostaleiros e importadores de varias cidades rusas que están interesados en coñecer as excelencias da adega valdeorresa. Os cales, atópanse realizando un tour para coñecer algunhas das  denominacións máis significativas de España e na que non podía faltar Valdeorras, incluíndo no seu plan de viaxe a visita a dúas adegas desta D.O.

A visita a Godeval realizarase ao mediodía, onde terán a posibilidade de visitar  os viñedos e as instalacións onde se elaboran os exquisitos viños de godello: Godeval Clásico e Cepas Vellas.
  
Esta comitiva conta nas súas filas con destacados  importadores, aos que se suman dous someliers de restaurantes das cidades de Samara, Novosibirsk, Perm, Ekatrerinburg e San Petersburgo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario