miércoles, 1 de junio de 2011

Coñece, unha a unha, todas as adegas que participarán na presentación dos viños D.Ou. Valdeorras en Madrid

Confírmanse as adegas que compartirán as súas excelencias no acto de presentación e degustación dos viños D.O. Valdeorras en Madrid.

Unha vez pechado o sorteo de invitacións para os internautas seguidores da nai do viño, o cal bateu todos os records de participación. Só nos queda agradecer o interese mostrado por todas aquelas persoas participantes, felicitando aos afortunados e enviando unha mensaxe alentadora a todos aqueles que quedaron fóra, lembrándolles que pronto terán a oportunidade de participar en próximos actos desta índole; xa que, o Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras e os adegueiros, non esquecen o importante compromiso que teñen con todos os públicos.

A este respecto, as adegas D.O. Valdeorras enfundanse as súas mellores galas, que son calidade e saber facer, para compartir a excelencia dos seus caldos con todos os asistente a esta presentación. Que vos lembramos, celebrarase o próximo día 6 de xuño no hotel Palace, Praza das Cortes 7, Madrid. En horario de 12:00 a 14:30horas e de 17:00 a 21:00 horas.

Así, dende a nai do viño temos o pracer de comunicarvos as adegas asistentes ao evento; facilitándovos unha ligazón aos seus Portais Web, que executaredes facendo click sobre o nome da adega, a fin de que teñades a oportunidade de coñecer de primeira man os seus produtos e saber facer.

Adegas participantes:












- Bodega Roandi, S.A.T.







No hay comentarios:

Publicar un comentario