jueves, 12 de mayo de 2011

O Consello Regulador da D.O.Valdeorras abandeirará aos viños españois en EE.UU. o próximo 19 de maio

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras xunto ao organismo homónimo da Rioxa, serán os encargados de abanderiar aos viños españois no Great Match de Dallas o próximo 19 de Maio.

O próximo día 19 celebrarase en Dallas a XVIII edición do Great Match. De novo nesta edición terá un papel destacado o Consello Regulador da D.O. Valdeorras; que, no seu afán de achegar a excelencia dos seus caldos a todos os recunchos do mundo, presenta a nova colleita de caldos valdeorresés no mercado máis potente do sector.
 
Nun acto aberto tanto a público profesional como a público en xeral, o Consello Regulador da D.O. Valdeorras, será o encargado de transmitir as excelencias dos caldos galegos, representados polos pertencentes a D.O. Valdeorras, mediante un seminario de cata e comercio dirixido a distribuidores, winesgeeks, prensa especializada ... que se celebrará o próximo 19 de Maio, en horario de 12:30 a 13:30 (horario Dallas), no Old Red Museum , 100 Houston Street, Dallas.O acto pecharase con outro seminario de cata e comercio impartido esta vez polo Consello Regulador da D.O. Rioxa en horario de 16:30 a 17:30 (horario Dallas), tamén no Old Red Museum.

Desta forma, estas dúas denominacións de orixe serán as encargadas de introducir dunha maneira máis específica as excelencias das múltiples adegas españolas participantes, por medio duns dos  mellores brancos  e uns dos mellores tintos producidos no noso país.

Neste vídeo presentámosvos a participación da D.O. Valdeorras no Great Match celebrado en 2010 en Nova York

No hay comentarios:

Publicar un comentario