Mostrando entradas con la etiqueta bioca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bioca. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de septiembre de 2013

As adegas DO Valdeorras colleitan a súa Godello cunhas condicións óptimas da uva


Entre 12 e 13 graos, os optimos para a vendima, atópase a Godello nas primeiras zonas de recolección da uva. Ademais, as súas condicións de salubridade e maduración óptimas auguran uns viños de primerísimo nivel para 2014.

A pesar de que se agarda unha redución da cantidade que roldará un 30 %, ese déficit reforzou a maduración e salubridade dunha Godello da que se esperan extraer uns exquisitos caldos. Este é o sentir xeral das adegas DO Valdeorras que empezaron as tarefas de recolección da variedade branca máis especial da rexión.


Vendima de Adega María Teresa Núñez Vega- Fonte: La Región

Estas tarefas, como cada ano, han ir comezando de forma graduada e por zonas debido á diferente orientación e situación xeográfica dos viñedos. Neste marco e como en anos anteriores, a adega María Teresa Núñez Vega foi das pioneiras en saltar ao viñedo a colleitar a Godello obtida nas súas fincas da Barxela - Petín.


O pasado venres Celestino Naveira, máximo responsable da adega, ofrecía as primeiras impresións: "Para nós, a colleita é boa en cantidade e calidade este ano. Nesta zona non afectaron tanto as condicións climatolóxicas adversas e esperamos poder producir ao redor de 40.000 botellas de Bioca Godello".

Á súa vez, augurou unha boa demanda de uva argumentado que "nós non temos viño almacenado do ano pasado, polo que e en xeral, estímase que haberá boa demanda".

Vendima adegas Godeval

Neste marco, outra das adegas en recoller a testemuña e xa na zona de Vilamartín, foi a mítica Godeval, que iniciou as súas tarefas de recolección o pasado luns nos seus viñedos da Graciosa.

Araceli Fernández do Palacio, responsable de Godeval, nárranos as súas impresións: " Este ano as condicións climatolóxicas atrasaron a vendima con respecto a outros anos, pero atopámonos cunha uva de gran calidade. En Godeval facemos mostras aleatorias desde mediados de agosto nos nosos viñedos e, cando a media desas mostras dannos os parámetros que a experiencia nos di que son óptimos para a elaboración, organizamos a vendima"

Á súa vez, destaca que: "a pesar das condicións meteorolóxicas que reduciron a cantidade, ao final atopámonos cun pouquiño máis dos esperado e, iso si, de gran calidade. Teremos unha vendima en canto a cantidade, para nós, suficiente". Prevese que Godeval embotelle este ano unha cantidade próxima ás 150.000 botellas.


Vendima A Coroa
Outra das adegas que tivo a deferencia de compartir coa nai do viño o seu período de recolección foi A Coroa, quen iniciaba onte mércores os seus labores de recollida nas súas fincas de produción controlada.

Segundo nos explica a Directora Comercial e Export Manager da Coroa, Marta Sertaje: "A nós tocounos un pouquiño máis de uva que o ano pasado e, de momento, a que está a chegar á adega atópase moi sa. Librámonos da xeada e da saraiba por sorte, por iso,  esta colleita preséntase tan boa ou mellor que a do ano pasado".

Aínda que a cantidade de uva será un pouco maior que outros anos para A Coroa, Marta Sertaje lembra que esta cantidade difire moi pouco ano tras ano ao ser a primeira adega adscrita ao selo DO Valdeorras de Produción Controlada. " Os incrementos e as diminucións de cantidade de produción das colleitas non nos afectan en demasía, xa que estamos adscritos ao selo de Produción Controlada e, así, podemos centrarnos en exclusiva na calidade". 

O selo de produción controlada implica que, nunha superficie mínima de 0,5 Ha (nunha ou varias parcelas que non superen un radio de 1,5 Km), a produción máxima permitida para tintas será de 6.000 KG uva/ Ha e até 8.000 para brancas. Un Órgano de Control e Certificación do Consello Regulador encárgase de que isto se cumpra a través da figura do veedor, quen realiza un exhaustivo control de todas e cada unha das partes do proceso. Por iso, espérase que a produción de viño rolde as 72.000 botellas de A Coroa, 6000 botellas de A Coroa Lías e 2000 botellas do exclusivo 200 cestos.

A medida que vaian xurdindo novas reseñas e as adegas váiannos facilitando os seus datos de recolección da vendima 2013 na DO Valdeorras, desde A nai do viño irémosvos dando cumprida conta dun período que se está vendo marcado pola excepcional calidade da uva recollida e que augura uns grandes caldos para 2014.

                                    

miércoles, 24 de agosto de 2011

A adega María Teresa Núñez Veiga dá o pistoletazo de saída á Vendima 2011 en Valdeorras


Fonte artigo: La Región
As altas temperaturas rexistradas e a combinación dos ventos atlánticos e mediterráneos propiciaron a maduración óptima da uva nos viñedos da adega María Teresa Núñez Veiga, situada na localidade valdeorresa de Petín.

Aínda que o groso de adegas pertencentes á D.O. Valdeorras aínda esperarán como mínimo unha semana máis. A excelente maduración do froito, propiciada pola óptima meteoroloxía que caracterizou a tempada en Valdeorras, predispuxo que a adega afincada na localidade de Petín dea o pistoletazo de saída á vendima 2011.

O domingo comezaban cos preparativos e este mesmo luns recollían pola mañá ao redor dos 2.000 quilos de godello, do que destacan 'a súa elevada calidade' e unha gradación que rolda os 13 graos.

A adega de Petín prevé que en 15 días rematarán a recollida da produción das dúas variedades de uva que hoxe en día despachan, godello e mencía, e das que esperan recoller ao redor dos 47.000 quilos. 'Mantemos que as cifras roldarán máis ou menos as do pasado ano, aínda que poida que haxa un incremento do 10%', sinala Celestino Noveira, copropietario desta adega e enólogo de Bioca. 

Dende o Consello Regulador recalcan a intensa calor vivida durante os meses primaverais nesta comarca e que auspiciou, que agora en agosto,  se adiántese a vendima. Aínda que tradicionalmente, o Consello marcou sempre a data de principios de setembro para a recollida da uva, este ano, as temperaturas de 35 graos vividas durante practicamente todo o mes de agosto e a combinación dos aires atlánticos e mediterráneos favoreceron este adianto.

Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador da D. O. Valdeorras, asegura que a colleita deste ano superará 'sen problema' os 5,5 millóns de quilos que se rexistraron o ano pasado.'Temos e teremos unha boa produción, e unha colleita moi boa en canto a cantidade e calidade', asegura Mazaira.





martes, 11 de mayo de 2010

Tres viños de Valdeorras reciben medallas no Concurso Mundial de Bruselas

Unha vez fallado o Concurso Mundial de Bruxelas 2010, o campionato mundial da cata con case 7.000 viños e espirituosos participantes do mundo enteiro e co aval de dezasete anos de experiencia, destaca a calidade das denominacións de orixe ourensás, xa que tres delas obtiveron importantes recoñecementos ao lograr nove medallas: dous de ouro e sete de prata.

Viños do Ribeiro, Valdeorras e Monterrei contribuíron así a que España siga ocupando un prestixioso segundo lugar en canto ao número de recoñecementos obtidos no coñecido e reputado certame ano, no que participaron este ano 275 catadores profesionais en Palermo, pero o primeiro como o país con máis grandes medallas de ouro do Concurso Mundial de Bruxelas, dezasete fronte ao dezaseis do ano pasado.

Dous delas foron para a Colección Costeira Treixadura 2009 da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro e tamén para Pazo de Mariñán Branco 2009 de Pazo Branco Núñez S.L. de Monterrei, a denominación máis nova da provincia.

O sete medallas de prata restantes obtidas por viños ourensáns repartíronse en Valdeorras, tres, para Bioca Godello 2009, Guitián Sobre Lías 2008 e Viñaredo Barrica Selección Godello 2007, no Ribeiro para Adega do Moucho 208 e Beade Primacía Branco 2009 e en Monterrei. Neste caso recaeron para Alma de Branco Godellos 2009 e Quinta deas Tapias Branco 2009.

O Concurso Mundial de Bruxelas é ademais o primeiro certame que instaurou un control, a posteriori, dos viños premiados para garantir a lexitimidade dos seus resultados. Despois de cada edición da cita, un laboratorio independente analiza químicamente unha selección importante das mostras premiadas e un equipo de enólogos cata as botellas enviadas comparándoas con outras compradas anonimamente nos puntos de venda, recoñece o propio concurso, o que dá máis valor aos premiados.

jueves, 4 de febrero de 2010

BODEGA Mª TERESA FERNÁNDEZ NÚÑEZ

A historia da Adega Mª Teresa Fernández Núñez nace no ano 1954. pero é no 2004 cando a adega se adxunta á Denominación de Orixe Valdeorras. Na ctualidade, contan con modernas instalacións con capacidade para 30.000 litros, que lles permiten procesar uva branca e tinta según as técnicas máis actuais. Os seus viñedos (no entorno da adega), sitúanse nas ladeiras dos regatos Bioca e Olivedo na marxe do río Sil, fanse ideales para o cultivo das variedades Godello e Mencía, que son a base dos seus viños.