lunes, 22 de agosto de 2011

Achégase unha vendima que trae consigo unha colleita excelente e abundante.

O adianto da vendima, condicionado pola bonanza climatolóxica dos últimos meses, augúrase histórica en canto a cantidade e calidade en Galicia.

Diversos medios de comunicación recollen o sentir xeral dos colleiteiros galegos baixo as palabras de «Posiblemente, a mellor colleita da historia». A influencia climatolóxica que marcou Galicia desde a primavera, agarda con anhelo as previsións de choiva ditadas para as próximas xornadas, a fin de establecer a data exacta do comezo dunha recolección que se prevee abundante en criterios de calidade e cantidade.

Mentres que varias Denominacións de Orixe, caso de Rías Baixas e Ribeira Sacra, xa teñen moi definido o comezo da vendima para finais de agosto, Ribeiro e Valdeorras aínda preveen mellorar un pouquiño máis a cantidade e calidade, agardando unhas desexadas precipitacións que definan unha colleita histórica nas súas respectivas zonas. 

En criterios de cantidade, o sentir xeral do groso de denominacións de orixe galegas é que se supere o record de 2006, alcanzando unha cantidade que se achegue, ou mesmo supere, os 50 millóns de quilogramos de uva recollida. Deles, as adegas adscritas ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras esperan achegar unha cantidade que supere os 6 millóns de quilogramos, superando con fartura as cantidades recollidas a tempada pasada.

Pola súa banda a calidade non se vai a quedar atrás, xa que se define por ter un froito maduro e estar nunhas condicións óptimas de salubridade. A este respecto, desde o Consello Regulador da D.O. Valdeorras, faise público que as cepas se atopan cunha cantidade de carga elevada, aínda que garante unha óptima calidade e un froito cun estado de maduración avanzado e perfectas condicións para producir uns viños excelentes. Só se agarda que as previsións de choiva se cumpran para poñer a guinda a unha colleita que se agarda excelente e abundante.

A pesar de que a climatoloxía axudou a todas as D.O. galegas, regando con choiva cando tocaba e madurando o froito con sol cando correspondía, a gran damnificada en criterios de cantidade este ano parece que vai ser a D.O. Monterrei, xa que moitos produtores non puideron frear a tempo a popularmente coñecida enfermidade do "Balrog", que reduciu a produción a unhas cotas que roldarán as da campaña 2010 e que situará a cantidade de uva recollida ao redor dos 2 millóns de quilogramos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario