martes, 9 de febrero de 2010

BODEGAS RUCHEL S.L.

BODEGAS RUCHEL S.L. foi creada coa filosofía de producir viños de excelente calidade nunha das denominacións de orixe de maior desplegue vinícola: Valdeorras. Os esforzos dan os seus primeiros resultados en 1990, ese ano comercializaronse unhas nove mil botellas de vño branco de calidade. No ano 1998 ampliouse a adega, co fin de elaborar e comercializar viños tintos. Esperábase comezar cunha producción de quince mil botellas pero a adega estaba preparada, unha vez terminaron las obras de ampliación, para producir cento trinta mil botellas de viño tinto. Dende o ano 2004, elabóranse unha media de 200.000 botellas de viño das variedades Godello e Mencía. No ano 2003 comézase a elaborar Godello fermentado en barrica e a finais do 2007 sae ao mercado o Mencía envellecido en barrica.

Durante todos estos anos a adega seguiu coa idea central de producir viños de calidade, para elo cóidase con esmero a uva na viña sen agregar elementos perxudiciais, ponse especial coidado na vendima esperando o momento xusto e procédese cunha coidadosa elaboración.

1. MOUSSE DE PERA


NOMBRE DE LA RECETA: MOUSSE DE PERA

NÚMERO DE COMENSALES: 6

INGREDIENTES:

- 7 peras
- 2 cucharaditas de caramelo líquido
- 100 gr de azúcar
- 3 hojas de gelatina
- Hojas de menta al gusto
- Una bola de helado de cualquier sabor (en este caso fresa)
- Una tartaleta de base para el helado
- ½ copa de Mencía


VARIEDAD, MARCA Y AÑADA DEL VINO:

Mencía, Erebo, 2006

FORMA DE ELABORACIÓN DE LA RECETA:

1.Descorazonamos y pelamos las peras.
2.Las ponemos en una cacerola con el mencía y el azúcar, a fuego lento hasta que estén cocidas.
3.Cuando estén listas las convertirmos en puré.
4.Lo ponemos en un bol y le agregamos la gelatina, que previamente pusimos en remojo con unas cucharaditas de agua.
5.Mezclamos todo bien y lo dejamos enfriar.
6.Ponemos en un molde dos cucharaditas de caramelo líquido y encima el puré y lo ponemos en la nevera para que cuaje. (Los moldes pueden ser individuales o bien un molde grande)

PRESENTACIÓN DEL PLATO:

Colocamos sobre un plato blanco el mousse y encima lo adornamos con unas hojitas de menta. Al lado ponemos una tartaleta con una bola de helado de fresa. Y... ¡a disfrutar!

MANUEL, A CORUÑA, ESPAÑA

lunes, 8 de febrero de 2010

BODEGA RAFAEL PALACIOS

Rafael Palacios é fillo de D. José Palacios Remondo (fundador de Bodegas Palacios Remondo) e un apaixoado da elaboración dos viños brancos. Despois de elaborar o seu primeiro branco na bodega familiar, Plácet, dedícase a crear a súa propia adega en Galicia, no Val do Bibei, baixo a denominación de Valdeorras, onde encontra uns viñedos vellos de godello, ideais para elaborar os seus brancos refinados, os cales cultiva recuperando a viticultura tradicional, sen uso de herbicidas nin tratamentos de síntese.

Actualmente, Rafael Palacios dispón de 19 parcelas en propiedade. O seu pequeno tamaño é outra das principais características, xa que a máis grande non supera unha hectárea. “Prácticamente elaboro 19 viños diferentes, viños de pago, de terroir, cos que logo traballo en diversos ensamblaxes”, afirma o pequeno da saga Palacios.

Situados na parte máis occidental da rexión á marxe dereitao dó río Bibei, a súa altitude oscila entre 600 m. aos 720 m. e destacan polos seus chans arenosos orixinados pola degradación natural de rocas de granito. Son chans pouco fértiles, ácidos e erosionables.
Para elo adaptouse a maquinaria de labrado lixeira co fin de coidar a estructura dos seus bancales e evitar o uso de herbicidas, recuperando así a viticultura tradicional e a paisaxe histórica do Val do Bibei.
O viño As Sortes elabórase coas parcelas máis vellas comprendidas entre os 22 ata os 89 anos cultivadas en bancais e ladeiras pronunciadas, situadas á marxe do río Bibei en pleno corazón deste val.
Louro é un viño que comparte carácter xeoclimático coas Sortes, chans de orixe granítico e altitude mínima de 600 m.

As parcelas están situadas dentro do municipio do Bolo onde se encontra o Val do Bibei e os lugares de Chandoiro, Lentellais e Santa Cruz do Bolo.

Son viñedos máis xóvenes prantados por Rafael no ano 2.004 e viñedos propios máis vellos de 14 a 21 anos.

Na elaboración deste viño tamén se utilizan uvas procedentes de viñedos arrendados e uvas de viticultores asociados á adega, situados igualmente neste municipio
Rafael Palacios controla persoalmente o proceso de elaboración, basada no máximo respeto á identidade destes terreos e a pureza da expresión dos seus vinos.

viernes, 5 de febrero de 2010

BODEGA MANUEL CORZO MACÍAS


A Bodega Manuel Corzo Macías é unha empresa de tradición familiar na que moi de preto lle segue unha boa estirpe de enólogos. Elaboran Godello e Mencía, variedades autóctonas da zona, para a súa distribución en Galicia, España e Francia.

jueves, 4 de febrero de 2010

BODEGA Mª TERESA FERNÁNDEZ NÚÑEZ

A historia da Adega Mª Teresa Fernández Núñez nace no ano 1954. pero é no 2004 cando a adega se adxunta á Denominación de Orixe Valdeorras. Na ctualidade, contan con modernas instalacións con capacidade para 30.000 litros, que lles permiten procesar uva branca e tinta según as técnicas máis actuais. Os seus viñedos (no entorno da adega), sitúanse nas ladeiras dos regatos Bioca e Olivedo na marxe do río Sil, fanse ideales para o cultivo das variedades Godello e Mencía, que son a base dos seus viños.

miércoles, 3 de febrero de 2010

BODEGA JUAN ARES VICENTE


A Adega Juan Ares Vicente foi fundada en 1999 e elabora todos os viños que produce, sendo fundamentalmente Godello e Mencía, variedades autóctonas da zona.

martes, 2 de febrero de 2010

BODEGA JOSÉ RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

A tradición vinícola desta dega foi mantida durante varias xeracións gracias aos viñedos propios, nos que cultivan fundamentalmente Godello e Mencía, variedades autóctonas de Valdeorras.

viernes, 29 de enero de 2010

BODEGA JOSÉ GONZÁLEZ GONZÁLEZ


A filosofía da Adega José González González parte da tradición vitícola dos seus antepasados, xa que sempre se dedicaron á elaboración do viños da comarca.

jueves, 28 de enero de 2010

BODEGA JOAQUIN REBOLLEDO

Esta adega ance da visión de futuro do seu fundador e do seu coñecemento da fertilidade e xenerosidade da terra queo veu nacer.

Na década de 1980 brota este proxecto grazas á dedicación, ao amor e tesón de Joaquín Rebolledo.

O prestixio xa adquirido, recoñecido con varios premios, séguese conservando e acrecentando coas novas xeracións.

miércoles, 27 de enero de 2010

BODEGA JESÚS RAFAEL NÚÑEZ RODRÍGUEZ

A Adega Jesús Rafael Núñez Rodríguez é unha explotación de ámbito familiar na cal se elaboran os caldos procedentes dos seus propios viñedos.