martes, 9 de febrero de 2010

BODEGAS RUCHEL S.L.

BODEGAS RUCHEL S.L. foi creada coa filosofía de producir viños de excelente calidade nunha das denominacións de orixe de maior desplegue vinícola: Valdeorras. Os esforzos dan os seus primeiros resultados en 1990, ese ano comercializaronse unhas nove mil botellas de vño branco de calidade. No ano 1998 ampliouse a adega, co fin de elaborar e comercializar viños tintos. Esperábase comezar cunha producción de quince mil botellas pero a adega estaba preparada, unha vez terminaron las obras de ampliación, para producir cento trinta mil botellas de viño tinto. Dende o ano 2004, elabóranse unha media de 200.000 botellas de viño das variedades Godello e Mencía. No ano 2003 comézase a elaborar Godello fermentado en barrica e a finais do 2007 sae ao mercado o Mencía envellecido en barrica.

Durante todos estos anos a adega seguiu coa idea central de producir viños de calidade, para elo cóidase con esmero a uva na viña sen agregar elementos perxudiciais, ponse especial coidado na vendima esperando o momento xusto e procédese cunha coidadosa elaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario