sábado, 5 de abril de 2014
miércoles, 26 de marzo de 2014
En Prowein 2014 triunfan os viños da DO Valdeorras
Prowein,
Feira Internacional de Viños e Bebidas Espirituosas
en Düsseldorf, Alemaña. Na que a D.O. Valdeorras estivo
presente.

A Primeira edición de Prowein foi fai xa 20 anos. Na actualidade, ProWein é a feira principal a nivel mundial no sector do comercio de viños e bebidas espirituosas internacionais. Neste tempo, o número de expositores fíxose 15 veces superior ao do primeiro evento, acoden 30 veces máis visitantes, o número de países participantes é 6 veces maior e a superficie que cobre é 18 veces máis grande.
Prowein
2014 a feira do viño de Dusseldorf, tivo lugar este
ano novamente nesta cidade alemá, entre os pasados días 23 ao 25 de marzo de
2014 nas instalacións do recinto feiral Messe Düsseldorf.
Contou coa presenza dos mellores expertos do sector,
sendo para todos eles un evento de case inescusable asistencia, tanto polas
novidades que nel se poideron observar coma polos contactos que se estableceron, deste xeito, considerase unha das feiras máis importante a nivel
mundial.
A D.O. Valdeorras
estivo presente no seu stand n ºA40
do vestíbulo nº4 coa presenza de 11 adegas con 22 marcas. Con esta ampla
representación seduciu aos padais máis exquisitos de Europa, competindo con
viños de Francia, Alemaña, Italia, Grecia, Australia, etc. Isto é, do mellor do
panorama vitivinícola mundial. É tamén unha feira de gran presenza de
importadores que buscan novos valores enolóxicos, ou sexa, viños de novas
zonas con variedades pouco coñecidas pero dunha calidade máis que contrastadas.
Neste aspecto Valdeorras ten moitas fortalezas xa
que o seu enclave xunto coas variedades que aquí se cultivan, proporciona viños
dunha gran personalidade.
Importadores
europeos entusiasmados cos viños da DO Valdeorras. Como é habitual, a definición
dos nosos viños foi a diferenciación e a calidade. Máis de cuarenta visitas
pasaron polo stand da DO Valdeorras. O futuro ábrese cara Xapón.
“Queremos godello de valdeorras para Xapón”; decía un importador alemán.
Éxito entre importadores noruegos, belgas e alemáns dos viños valdeorras.
lunes, 24 de marzo de 2014
Premios Bacchus 2014. Rotundo Éxito para os viños da DO Valdeorras.
Os viños da D.O. Valdeorras seguen recollendo premios
e recoñecementos, nesta ocasión, en Bacchus 2014, Madrid, sendo a D.O. máis
premiada da Provincia de Ourense.
Bacchus consegue reunir durante catro xornadas a un gran
elenco de expertos catadores de recoñecemento mundial, que conforman o
plantel do xurado da cita. Máis dun centear de nomes propios, de distintas
procedencias, entre os que hai, periodistas especializados, sumilleres,
enólogos, Masters of Wine, Masters of Sommelier, unha selección de luxo para
evaluar e recoñecer a calidade dos viños presentes en Bacchus.
Das catro Denominacións de Orixe, existentes na provincia
Ourensana, a D.O. Valdeorras foi a máis premiada, e de este modo, ata o oriente
ourensano virán cinco distincións, dúas
na categoría de Bacchus de ouro,
para Viña Somoza, por Neno Viña Somoza sobre lías (2012), e para La Tapada, por
Godello Guitián sobre lías (2012); e tres na de Bacchus de plata: para Alán de Val polo seu godello do 2013, María
Teresa Núñez polo Bioca godello 2013 e Joaquín Rebolledo por Joaquín Rebolledo
tinto barrica 2012.
Os nosos parabéns a todos
e cada un dos premiados, uns excelentes resultados que veñen a recoñecer o
esforzo, traballo e dedicación de cada adegueiro. Un éxito
rotundo para os viños da DO Valdeorras. ¡Noraboa!
Bodega A Tapada S.A.T. · Bacchus Oro 2014 · Godello Guitián sobre lías
Viña Somoza bodegas y viñedos S.L. · Bacchus Oro 2014 · Neno Viña Somoza
Adega Alán S.A.T. · Bacchus Plata 2014 · Alán de Val Godello
María Teresa Núñez · Bacchus Plata 2014 · Bioca godello
Joaquín Rebolledo · Bacchus Plata 2014 · Joaquín Rebolledo tinto barrica
viernes, 21 de marzo de 2014
"Catavinum World Wine And Spirits Competition" premia a Adega de María Teresa Núñez Vega da D.O. Valdeorras.
Bioca
Godello 2013, foi premiado coa Medalla de Ouro, otorgada pola Asociación de Enólogos de Francia, que
organiza o concurso
"Catavinum World Wine And Spirits Competition" un dos máis recoñecidos a nivel mundial.
"Catavinum World Wine And Spirits Competition",
conta cunha gran participación debido a súa importancia dentro do mundo do
viño. Nesta última edición, participaron máis de 2500 viños, de 20
países distintos, entre os que o Godello da Adega de María Teresa Núñez Vega, Bioca Godello 2013, recibiu a medalla de ouro.
Os viñedos da Adega sitúanse nas ladeiras dos regatos Bioca e Olivedo na marxen esquerda do río Sil, sobre chans fértiles e ben drenados. Estas características
unidas ao microclima da zona, fanos ideais para o cultivo das variedades
GODELLO Y MENCIA, que son a base dos seus viños.
O Bioca Godello 2013, elaborado cun cen por cento de uva
Godello, destaca pola súa cor limón, estilo floral moi acusado, con xasmín e
azar. Bo nivel de acidez, intenso no medio padal, capas de complexidade e un
final longo.
viernes, 14 de marzo de 2014
Os viños de Valdeorras son perfectos para o #CocidoDay
O 15 de marzo
terá lugar o primeiro #CocidoDay , evento altruísta nacido das redes sociais ó que xa se engadiron restaurantes de toda
España.
É unha celebración dun típico prato familiar en Galicia, o noso Cocido. Sen
actos programados, nin tampouco en
ningún lugar en particular, é algo moito máis sinxelo. Para celebrar o Día do Cocido só é necesario o 15 de marzo as tres do mediodía, gozar dun bo
Cocido, como cada un queira, só, acompañado, na casa, en restaurantes,...
Esta iniciativa
nace do mundo 2.0 e ten como obxectivo "formalizar" un día para este importante prato galego, porque ata agora, non existía un día no que o protagonista fose o
Cocido, ademáis da famosa “Feira do Cocido de Lalín”. O que queren acadar os
organizadores é que a través das redes sociais, e para todos os que se
xuntan ese día a gozar dun bo Cocido, é que o comenten nas redes sociais co
hashtag #CocidoDay , comentando, que tal
está o de cada quen, ou enviando fotos da celebración,...
En Valdeorras apoiarase a petición no Barco, no restaurante
Piquiño, e contando coa organización da mesma a través do proxecto
"Valdeorras é viño", posto en marcha pola guía enoturística Soledad
Figueroa. Na provincia de Ourense só se vai a celebrar este evento na capital da
comarca de Valdeorras.
Así que, dende aquí,animámosvos a todos a disfrutar deste
gran prato, acompañado de calquera dos grandísimos viños da D.O. Valdeorras que maridan
perfectamente cun bon cocido. Feliz #CocidoDay a Tod@s!!
viernes, 7 de marzo de 2014
Godello, Mencía e Albariño comparten sete aromas
Un artigo recente na prensa chamounos a atención xa que asegura que as variedades de uva Mencía , Albariño e Godello comparten sete aromas distintos.
Os viños de Mencia , Godello e Albariño marcan distancias una vez servidos na copa. E non só por ser vermello ou branco , porque, como vostede sabe que o Mencía tórnase un excelente viño tinto, Albariño e Godello son excelentes viños brancos. Asi que máis alá do aspecto visual, albariños e godellos parecen ter características ben diferenciadoas de aromas e sabores. Como din, "as aparencias enganan " e neste caso parece ser o que sucede, polo menos no seu perfil olfativo . Segundo un estudo da Misión Galicia Biolóxica polo menos, sete sabores están presentes na cata de cada un deles.
Hai un interese crecente na recuperación de variedades autóctonas e análise das características únicas dos viños galegos está aumentando nos últimos anos. Con todo, o autor da obra , Mar Vilanova no informativo di que " hai poucos estudos sobre a caracterización sensorial ." A investigación é xustamente aplicar a análise sensorial descritiva cuantitativa, o estudo do aroma de viños novos fixeron Mencia , Godello e Albariño, sendo tres das castas máis representativas do potencial de produción de Galicia.
Lembranzas que se convirten en aromas.
Hai máis de cincocentos compostos volátiles que entran en xogo no seu aroma , polo que a definición do perfil olfativo do viño faise unha tarefa complexa. Depende da concentración destes compostos volátiles, o nariz humano depende pode detectar e describir. "Na análise sensorial , descrición de sabores é un dos máis delicado , xa que necesita forma moi especial de nosa memoria olfativa ", explica Mar Vilanova .
Cheira un viño hai un número de substancias volátiles que estimulan o nervio olfactivo , o órgano a partir do cal a información do sistema nervioso central, se transmite . A súa resposta aos estímulos do olfacto pode ser un sentimento ou percepción. Sinto aroma ten máis historia para un individuo, mentres que calquera enfermidade que impide a transmisión de información a partir do nervio olfativo ao sistema nervioso central, como un arrefriado , por exemplo. Entender un sabor, con todo, esixe unha interpretación, un exercicio de memoria. É o que distingue a mera provador afeccionado.
Para esta investigación foron seleccionados os provadores con ampla experiencia en análise sensorial de descritores de viño de aroma 33 e recoñecida na variedade Albariño, 22 e 20 en Mencía Godello . hai sete descritores que se repiten : ". anís, Torrado , bananas , pera , mazá , herbas e floral "
Para a definición do perfil sensorial de cada variedade, con todo, un número menor de descritores foi seleccionado porque descartados foron os que "pola súa baixa intensidade ou de baixa frecuencia de ocorrencia " non se considera relevante. O aumento da frecuencia e intensidade obtida nos Albariños viño de aroma era " branco". O Mencia " froitas vermellas " vixente e no godellos houbo maior diversidade , mostrando esta variedade dunha gran potencia aromática. Salientar , neste caso, "mazá , floral , melón, pera e herbácea ."
Con base nos descritores máis utilizadas no estudo Misión Biolóxica , un novo viño Albariño branco caracterízase por aromas de ' alcohol, froitas cítricas, floral, froita madura, herbáceo e froitas de mazá ". O predominan Mencia " froitas vermellas, balsámico, floral e láctico ", mentres que o destacan Godello notas olfativas de " mazá , melón , pexego, floral, cítrico, herbáceo , herba seca, ananás, tropical , pera asadas ."
¿Qué vos parece os resultados acadados por este estudio? ¿Detectades as sete coincidencias nas distintas variedades de uva?
Fonte: La Voz de Galicia
jueves, 27 de febrero de 2014
Forum Gastronómico 2014. Un éxito para a DO Valdeorras.
Máis de 21.000 persoas pasaron por Expocoruña nos tres días
de actividades y exposicións, entre os que destacou o stand da DO Valdeorras
que levantou gran expectación entre os asistentes.
Prácticamente un centear de profesionais da hostelería
realizaron un total de 14 sesións , ademáis de 18 talleres y 20 ateneos. O
porcentaxe de ocupación foi prácticamente do 100% en todo los espacios,
convirtindo esta cita nun éxito de participación e convocatoria. O consello regulador participou
en diferentes talleres organizados pola Consellería de medio Rural e do
Mar onde se explicou as características da D.O. e se cataron diferentes viños.
O C.R.D.O. Valdeorras estivo promocionando a máis de 15
bodegas e os seus respectivos viños. Cun importante éxito entre o público que
visitou o noso stand, entre os que destacamos os profesionais da hostelería,
moy interesados en incorporar os viños da D.O. Valdeorras nas cartas dos seus
establecementos.
Tras clausurar o Forum Gastronómico 2014 de A Coruña a
organización clasificouna de éxito rotundo xa que superáronse con creces as
expectativas e obxetivos marcados.
viernes, 21 de febrero de 2014
Forum Gastronómico A Coruña. Tes unha cita.
O Forum Gastronómico é o primeiro congreso con feira que se celebra, alternando a súa ubicación entre Galicia e Cataluña.
Atopámonos a moi poucas horas para que comece el Forum Gastronómico Coruña, onde as personalidades máis importantes do mundo da cociña do noso país estarán presentes. O 22, 23 e 24 deste mes, en ExpoCoruña, os profesionais de alimentos máis representativos, van amosar as súas creacións e ofrecer demostracións de cociña en directo.
A entrada xeral (10 €) do Fórum Gastronómico Coruña, que dá acceso a feira e as sesións do auditorio, estará dispoñible na entrada do local o día do Fórum. Anticipadamente poden ser compradas a través Novagalicia Banco.
A Coruña recibirá tres días, os mellores profesionais culinarios. Os produtores, artesáns, cociñeiros, enólogos, confeiteiros, académicos, expertos e investigadores van desfilar ao redor do escenario, aulas e talleres ExpoCoruña. Grandes chefs e xovenes valores compartirán protagonismo.
A entrada xeral (10 €) do Fórum Gastronómico Coruña, que dá acceso a feira e as sesións do auditorio, estará dispoñible na entrada do local o día do Fórum. Anticipadamente poden ser compradas a través Novagalicia Banco.
A Coruña recibirá tres días, os mellores profesionais culinarios. Os produtores, artesáns, cociñeiros, enólogos, confeiteiros, académicos, expertos e investigadores van desfilar ao redor do escenario, aulas e talleres ExpoCoruña. Grandes chefs e xovenes valores compartirán protagonismo.
martes, 11 de febrero de 2014
Les Grenaches du Monde premia a "Traste" da Adega José Aristegui.
Les Grenaches du Monde, Concurso Internacional que se celebra en Perpignan (Francia), otorga a medalla de plata o vino "Traste”da Adega José Aristegui.
“TRASTE”, un coupage de Garnacha Tintorera centenaria con outras variedades dispostas
en chans de lousa e arcilla, da Adega
Jose Aristegui da DO Valdeorras, faise coa Medalla de Plata no concurso
internacional Les Grenaches du Monde.
Unha gran nova que nos chega
dende Perpignan (Francia), a Garnacha Tintorera de José Luis Aristegui codeouse
con una mostra das mellores Garnachas do Mundo na segunda edición do certame e
que se consolida como referencia da variedad a nivel mundial, obtendo una moi
meritoria e agradecida Medalla de Plata.
Jose
Aristegui coméntanos en referencia ao premio colleitado polo seu viño; “Es un reconocimiento al
trabajo, pero sobre todo, es un reconocimiento al trabajo de mis antepasados,
ellos son los que realmente tienen todo el mérito, yo, simplemente soy un
viticultor, un observador, intento mantener vivo un viñedo, un legado, solo soy
un pastor de las viñas por un tiempo”
Os nosos máis sinceiros parabéns.
Máis Información: Grenaches du Monde
martes, 4 de febrero de 2014
Joaquín Rebolledo Mencía 2012. Entre os 150 viños imbatibles de David Seijas.
David Seijas, Sumiller de El Bulli, o prestixioso restaurante
de
Ferran Adriá, durante nove tempadas e agora implicado no
ElBulliFoundation.
Presenta o seu novo libro, “VINOS IMBATIBLES: 150 VINOS ENTRE 4 Y 10 EUROS” no que o viño Joaquín
Rebolledo Mencía 2012 da Bodega Joaquín Rebolledo é destacado polo prestixioso
Sumillier.
David Seijas, no seu derradeiro libro,
reúne os mellores 150 viños, cun prezo entre os 4 € e os 10€, demostrando que o
prezo non é clave para desfrutar dun gran viño. Sen embargo está convencido que
“El cliente tiene que conocer la historia detrás del vino para saber
apreciarlo y el sumiller es el encargado de contar esa historia, poner el vino
en contexto”.
Entre os derradeiros descubrimentos
de David Seijas, destacan los viños Gallegos que, según él, están gañando pouco
a pouco a súa cuota de mercado entre o público a base excelentes elaboracións.
David Seijas confesa que cada día é
máis fan dos tintos galegos, e os da Denominación de Orixe Valdeorras destacan
polo seu dinamismo, fragancia y lixereza que os convirten nuns caldos amigos y
respetuosos coa gastronomía.
Destaca de Joaquín Rebolledo Mencía
2012, “su paso firme y elegante,
conducido por una gran acidez y un tímido tanino, presente pero fundido. De los
que te terminarás una botella, ¡y más!”
Agradecer
a David Seijas, considerado un dos mellores Sumilleres, as verbas que adica aos
viños galegos e en particular aos de la Denominación de Orixe Valdeorras.
Fuente: Vinetur
Suscribirse a:
Entradas (Atom)