miércoles, 26 de marzo de 2014

En Prowein 2014 triunfan os viños da DO Valdeorras

Prowein, Feira Internacional de Viños e Bebidas Espirituosas en Düsseldorf, Alemaña. Na que a D.O. Valdeorras estivo presente.

A Primeira edición de Prowein foi fai xa 20 anos. Na actualidade, ProWein é a feira principal a nivel mundial no sector do comercio de viños e bebidas espirituosas internacionais. Neste tempo, o número de expositores fíxose 15 veces superior ao do primeiro evento, acoden 30 veces máis visitantes, o número de países participantes é 6 veces maior e a superficie que cobre é 18 veces máis grande.

Prowein 2014 a feira do viño de Dusseldorf, tivo lugar este ano novamente nesta cidade alemá, entre os pasados días 23 ao 25 de marzo de 2014 nas instalacións do recinto feiral Messe Düsseldorf.
Contou coa presenza dos mellores expertos do sector, sendo para todos eles un evento de case inescusable asistencia, tanto polas novidades que nel se poideron observar coma polos contactos que se estableceron, deste xeito, considerase unha das feiras máis importante a nivel mundial.


A D.O. Valdeorras estivo presente no seu stand n ºA40 do vestíbulo nº4 coa presenza de 11 adegas con 22 marcas. Con esta ampla representación seduciu aos padais máis exquisitos de Europa, competindo con viños de Francia, Alemaña, Italia, Grecia, Australia, etc. Isto é, do mellor do panorama vitivinícola mundial. É tamén unha feira de gran presenza de importadores que buscan novos valores enolóxicos, ou sexa, viños de novas zonas con variedades pouco coñecidas pero dunha calidade máis que contrastadas. Neste aspecto Valdeorras ten moitas fortalezas xa que o seu enclave xunto coas variedades que aquí se cultivan, proporciona viños dunha gran personalidade.


Importadores europeos entusiasmados cos viños da DO Valdeorras. Como é habitual, a definición dos nosos viños foi a diferenciación e a calidade. Máis de cuarenta visitas pasaron polo stand da DO Valdeorras. O futuro ábrese cara Xapón.



“Queremos godello de valdeorras para Xapón”; decía un importador alemán.
Éxito entre importadores noruegos, belgas e alemáns dos viños valdeorras. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario