lunes, 24 de marzo de 2014

Premios Bacchus 2014. Rotundo Éxito para os viños da DO Valdeorras.


Os viños da  D.O. Valdeorras seguen recollendo premios e recoñecementos, nesta ocasión, en Bacchus 2014, Madrid, sendo a D.O. máis premiada da Provincia de Ourense.



Bacchus consegue reunir durante catro xornadas a un gran elenco de expertos catadores de recoñecemento mundial, que conforman o plantel do xurado da cita. Máis dun centear de nomes propios, de distintas procedencias, entre os que hai, periodistas especializados, sumilleres, enólogos, Masters of Wine, Masters of Sommelier, unha selección de luxo para evaluar e recoñecer a calidade dos viños presentes en Bacchus.
Das catro Denominacións de Orixe, existentes na provincia Ourensana, a D.O. Valdeorras foi a máis premiada, e de este modo, ata o oriente ourensano virán cinco distincións, dúas na categoría de Bacchus de ouro, para Viña Somoza, por Neno Viña Somoza sobre lías (2012), e para La Tapada, por Godello Guitián sobre lías (2012); e tres na de Bacchus de plata: para Alán de Val polo seu godello do 2013, María Teresa Núñez polo Bioca godello 2013 e Joaquín Rebolledo por Joaquín Rebolledo tinto barrica 2012.




Os nosos parabéns  a todos e cada un dos premiados, uns excelentes resultados que veñen a recoñecer o esforzo,  traballo e  dedicación de cada adegueiro. Un éxito rotundo para os viños da DO Valdeorras. ¡Noraboa!


Bodega A Tapada S.A.T. · Bacchus Oro 2014 · Godello Guitián sobre lías 



Viña Somoza bodegas y viñedos S.L. · Bacchus Oro 2014 · Neno Viña Somoza




Adega Alán S.A.T. · Bacchus Plata 2014 · Alán de Val Godello



María Teresa Núñez · Bacchus Plata 2014 · Bioca godello





Joaquín Rebolledo · Bacchus Plata 2014 · Joaquín Rebolledo tinto barrica


No hay comentarios:

Publicar un comentario