viernes, 14 de marzo de 2014

Os viños de Valdeorras son perfectos para o #CocidoDay

O 15 de marzo terá lugar o primeiro #CocidoDay , evento altruísta nacido das redes sociais ó que  xa se engadiron restaurantes de toda España.


É unha celebración dun típico prato familiar en Galicia, o noso Cocido. Sen actos programados, nin tampouco en ningún lugar en particular, é algo moito máis sinxelo. Para celebrar o Día do Cocido só é necesario o 15 de marzo as tres do mediodía, gozar dun bo Cocido, como cada un queira, só, acompañado, na casa, en restaurantes,...

Esta iniciativa nace do mundo 2.0 e ten como obxectivo "formalizar" un día para este importante prato galego, porque ata agora, non existía un día no que o protagonista fose o Cocido, ademáis da famosa “Feira do Cocido de Lalín”. O que queren acadar os organizadores é que a través das redes sociais, e para todos os que se xuntan ese día a gozar dun bo Cocido, é que o comenten nas redes sociais co hashtag  #CocidoDay , comentando, que tal está o de cada quen, ou enviando fotos da celebración,...

En Valdeorras apoiarase a petición no Barco, no restaurante Piquiño, e contando coa organización da mesma a través do proxecto "Valdeorras é viño", posto en marcha pola guía enoturística Soledad Figueroa. Na provincia de Ourense só se vai a celebrar este evento na capital da comarca de Valdeorras.

Así que, dende aquí,animámosvos a todos a disfrutar deste gran prato, acompañado de calquera dos grandísimos viños da D.O. Valdeorras que maridan perfectamente cun bon cocido. Feliz #CocidoDay a Tod@s!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario