martes, 26 de enero de 2010

BODEGA GODEVAL, S.A.T.

Godeval conta para a súa vinificación cunha modernísima tecnoloxía, que se suma á noble vocación dos seus fundadores por respetar o mellor que a tradición pode aportar. Dende a súa fundación prima máis a calidade que a cantidade, polo que a súa producción non pasa dos 150.000 litros, elaborados exclusivamente con uvas Godello das súas 17 belísimas hectáreas de viñedo propio.

Instaladas no mesmo monasterio Xagoaza, que, recordemos, data do século XII, as súas grosas paredes de vella pedra non só proporcionan unha fermosa estética senón tamén o aislamento máis convinte para o nacemento dese milagre chamado viño.

Os viñedos de Bodegas Godeval foron prantados nos anos 70 y 80 polos seus fundadores, polo que a idade media das cepas é superior aos 15 anos. Están situados nas ladeiras coas pendentes máis pronunciadas da comarca, en terreos de carácter louseiro, plantados en empalizadas e orientados na súa maioría cara o sur, polo que queda garantizada non só a maduración senón tamén un perfecto estado de saúde.

Coidadosos co seu entorno, os responsables da adega utilizan técnicas de producción integrada que respetan ao máximo o ecosistema da zona. Por sistema e porque o obriga a orografía, a vendima é totalmente manual.

Coa recuperación da variedade Godello, a intención da adega foi ofrecer un viño branco xoven, suave, aromático e afroitado, que responda claramente ao concepto dun magnífico viño monovarietal. O resultado foi: Viña Godeval, un viño noble no que destaca tanto a variedade, como o clima e o chan de onde procede; un viño que acaba de ser elexido pola prestixiosa revista norteamericana "Wine Spectator" como o mellor viño español do mundo cun coste inferior aos 12 euros.

lunes, 25 de enero de 2010

CERTAME DE RECEITAS CON VIÑO DA D.O. VALDEORRAS


O Certame consiste en enviar vía email receitas de cociña elaboradas con viño dalgunha das adegas da D.O. Valdeorras. Os participantes poderán consultar os caldos en http://www.dovaldeorras.tv/Bodegas_Caldos/Bodegas.php

BASES

1.O Certame está organizado por Limaia Produccións S.L. para dovaldeorras.tv

2.COMO PARTICIPAR:
Poderá participar calquera persoa de calquera nacionalidade, maior de idade.

As receitas poden ser orixinais, tradicionais ou caseiras.

As receitas deberán levar os seguintes datos:

Nome e apelidos. Enderezo. Código Postal e Población. Provincia. País.
Teléfono. E-mail.

Só se farán públicos os datos referentes a Nome, Provincia e País.


As receitas constarán de seis enunciados:

a) Nome da receita
b) Número de comensales para os que se elabora.
c) Ingredientes
d) Variedade, marca e añada do viño.
e) Forma de elaboración da receita.
f) Presentación do prato.
g) Foto do prato elaborado. Aceptase a posibilidade de grabar a receita en vídeo.

Cada participante poderá enviar tantas receitas como estime oportunas.


3.PRAZOS:

1º sorteo: o prazo rematará o día 22 de marzo ás 18.00h, GTM-Madrid.
2º sorteo: o prazo rematará o día 22 de xuño ás 18.00h, GTM- Madrid.
3º sorteo: o prazo rematará o día 22 de setembro ás 18.00h, GTM-Madrid.
4º sorteo: o prazo rematará o día 22 de novembro ás 18.00h, GTM-Madrid.

As receitas que cheguen fóra de prazo entrarán no seguinte sorteo.

Os concursantes, exceptuando os gañadores, poderán participar nos catro sorteos, sendo agasallados só nun deles.

4.SORTEOS E PREMIOS:

1º sorteo: 23 de marzo de 2010.

Premio: fin de semana para dúas persoas no Hotel Pazo do Castro (Barco de Valdeorras).

2º sorteo: 23 de xuño de 2010.

Premio: cea para seis persoas na Casa Galaica (Barco de Valdeorras).

3º sorteo: 23 de setembro de 2010.

Premio: fin de semana para dúas persoas no Hotel Palladium (Barco de Valdeorras).

4º sorteo: 23 de novembro de 2010.

Premio: cea para seis persoas no restaurante Fernando III (Barco de Valdeorras).


Os resultados dos gañadores do concurso publicaranse no blog Un universo en cada botella os días seguintes á realización do sorteo.

A data de disfrute do premio será ó longo do ano 2010 e será establecida polo patrocinador correspondente.


5.COMO ENVIAR RECEITAS:

E-mail: info@dovaldeorras.tv / lamadredelvino@dovaldeorras.tv

Por correo ordinario: Limaia Produccións S.L. Avda Madrid nº69
C.P. 32692 Sandiás- Ourense

As receitas que cumpran as bases, adxudicaráselle un número por orde de chegada.

Os participantes recibirán un email de confirmación.

A organización do certame publicará no blog Un universo en cada botella todas as receitas que considere oportunas e cumpran as bases. A organización resérvase o dereito de publicación.

BODEGA GERMÁN RODRÍGUEZ SALGADO

O propietario da bodega Germán Rodríguez Salgado considera o viño como un reto; é a posta en escea para un actor, é un proxecto para un enxeñeiro, é o exame para un estudante e é a mellor comida para un cociñeiro.

viernes, 22 de enero de 2010

BODEGAS GERMÁN RODRÍGUEZ PRADA


A filosofía do dono da adega Germán Rodríguez Prada é realizar todos os procesos de elaboración do viño, dende o viñedo ata a comercialización.

jueves, 21 de enero de 2010

BODEGA FRANCISCO FERNÁNDEZ ÁLVAREZ

The owner of the Bodega Francisco Fernandez Alvarez came to harvest a Valdeorras and while he liked the grape, how sweet it was decided that once could buy a vineyard in Valdeorras. Hence nowadays the Bodega Francisco Fernandez Alvarez is situated in A Rua de Valdeorras.

BODEGA FRANCISCO FERNÁNDEZ ÁLVAREZ

O dono da Adega Francisco Fernández Álvarez veu a vendimar a Valdeorras e de tanto que lle gustou a uva, o doce que era, decidiu que en canto puidese compraría uns viñedos en Valdeorras. De aí que hoxe en día a Adega Francisco Fernández Álvarez esté situada na Rúa de Valdeorras.

miércoles, 20 de enero de 2010

BODEGA ELADIO SANTALLA PARADELO


A filosofía da bodega Eladio Santalla Paradelo, situada no Barco de Valdeorras, é elaborar viños de alta calidade e de moi baixa producción.

martes, 19 de enero de 2010

BODEGA COOPERATIVA VIRXE DAS VIÑAS

A Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas foi fundada no ano 1964 polos viticultores da comarca de Valdeorras pertencentes a catro concellos, Petín, Villamartín de Valdeorras, O Bolo e A Rúa de Valdeorras.

Actualmente forman parte da adega un total de 850 socios e conta con 350 hectáreas de viñedo representando aproximadamente o 45% da producción da comarca, garantizando a calidad da súa materia prima.

Os seus viñedos aséntamse en chans de lousa, calcáreos, graníticos terrosos e de aluvión que se extenden polas ladeiras e as ribeiras dos ríos Sil e Xares. Esta diversidade de chans unida a un microclina especial que vai dende o mediterráneo templado ó mediterráneo fresco da un carácter único ós seus viños, moi diferenciados de outros caldos, e que recibiron numerosos galardóns e reconocementos no ámbito nacional e internacional.

lunes, 18 de enero de 2010

BODEGA COOPERATIVA SANTA MARÍA DE LOS REMEDIOS

A Bodega Cooperativa Santa María de los Remedios nace en 1959 por iniciativa do cura párroco de Larouco xunto con 97 viticultores da zona. Na actualidade, esta empresa componse de 265 socios, propietarios dos viñedos da parte oeste de Valdeorras; concentrandose nos concellos da Rua, Petin, Larouco e O Bolo.

En reconocemento a súa traxectoria durante casi 40 anos, o Consello da Xunta, otorgou a esta empresa, a Medalla de Bronce de Galicia en 1.997.

viernes, 15 de enero de 2010

BODEGA COOPERATIVA JESÚS NAZARENO

A Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, situada no Barco de Valdeorras, leva traballando 52 anos e está composta por 410 socios. Cabe destacar que o pasado ano as ventas da sociedade aumentaron casi un 20% dende setembro. Esta boa racha permitiu a adquisición dun robot para introducir en caixas as botellas, que costou 350.000 euros.