martes, 19 de enero de 2010

BODEGA COOPERATIVA VIRXE DAS VIÑAS

A Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas foi fundada no ano 1964 polos viticultores da comarca de Valdeorras pertencentes a catro concellos, Petín, Villamartín de Valdeorras, O Bolo e A Rúa de Valdeorras.

Actualmente forman parte da adega un total de 850 socios e conta con 350 hectáreas de viñedo representando aproximadamente o 45% da producción da comarca, garantizando a calidad da súa materia prima.

Os seus viñedos aséntamse en chans de lousa, calcáreos, graníticos terrosos e de aluvión que se extenden polas ladeiras e as ribeiras dos ríos Sil e Xares. Esta diversidade de chans unida a un microclina especial que vai dende o mediterráneo templado ó mediterráneo fresco da un carácter único ós seus viños, moi diferenciados de outros caldos, e que recibiron numerosos galardóns e reconocementos no ámbito nacional e internacional.

lunes, 18 de enero de 2010

BODEGA COOPERATIVA SANTA MARÍA DE LOS REMEDIOS

A Bodega Cooperativa Santa María de los Remedios nace en 1959 por iniciativa do cura párroco de Larouco xunto con 97 viticultores da zona. Na actualidade, esta empresa componse de 265 socios, propietarios dos viñedos da parte oeste de Valdeorras; concentrandose nos concellos da Rua, Petin, Larouco e O Bolo.

En reconocemento a súa traxectoria durante casi 40 anos, o Consello da Xunta, otorgou a esta empresa, a Medalla de Bronce de Galicia en 1.997.

viernes, 15 de enero de 2010

BODEGA COOPERATIVA JESÚS NAZARENO

A Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, situada no Barco de Valdeorras, leva traballando 52 anos e está composta por 410 socios. Cabe destacar que o pasado ano as ventas da sociedade aumentaron casi un 20% dende setembro. Esta boa racha permitiu a adquisición dun robot para introducir en caixas as botellas, que costou 350.000 euros.

jueves, 14 de enero de 2010

ADEGA CARBALLAL S.L.

A Adega Carballal S.L., localizada en Petín de Valdeorras, xurdiu coa necesidade de sacar ao mercado as súas plantacións de Godello e Mencia, alcanzando en 2008 o Acccio de Ouro para Erebo, marca de Godello e Mencía de Adegas Carballal S.L.

miércoles, 13 de enero de 2010

BODEGA ÁNGELA QUIRÓS MEDANO


A Adega Angela Quiros Medano, situada en Vilamartín de Valdeorras, posúe viñas antiquísimas que lles permiten elaborar un viño de forte bouquen e bo paladar.

martes, 12 de enero de 2010

ADEGA A TAPADA S.A.T.

O propietario da Adega A TAPADA, Senén Guitián, foi o primeiro viticultor que montou un sistema de calefactor anti-xeadas a nivel nacional.

Hai que destacar dous aspectos espléndidos nos viños desta adega: por unha aprte, a súa riqueza e intensidade aromática, e por outra, un paso de boca de enorme amplitude, tan pouco habitual nos viños blancos e menos aínda nos blancos de Galicia.

O segredo está sen dúbida nesas 9 Ha. De viña que rodean a adega. Un espléndido viñedo plantado exclusivamente con uva Godello que leva anos xa demostrando as enormes posibilidades desta variedade de uva, circunscrita hoxe en día á comarca de Valdeorras eq uee stivo a pnto de desaparecer.

lunes, 11 de enero de 2010

ADEGA MELILLAS S.L.

A paixón polo viño da Adega Melillas S.L. Comeza no cultivo de viñedos propios no val de Valdeorras. As cepas centenarias cultivadas nos terreos de lousa nas ladeiras do val da Rúa gardan o gran segredo do Lagar do Cigur. A calidade dende os viñedos ata a botella é a súa filosofía.

A Adega Melillas S.L. É unha adega familiar recén construída a partir dunha vella adega reestructurada que conta cunha cova interior e unha antecova para a elaboración dos viños.

viernes, 8 de enero de 2010

ADEGA DÍA E NOITE, S.L.

Jose Rodriguez, temperado home no mundo do viño, visionario e intuitivo entrou nas terras da zona de Valdeorras para tentar obter delas froitos de alta calidade cos que elaborar excelentes viños. Xorde así o proxecto Día- noite, adega que elabora un viño branco da Godello (Galiciano Día), representado polo sol e un tinto de Mencia (Galiciano noite), representado pola lúa.

O xeito de facer este viño reflicte con precisión os cambios experimentados polo sector nos últimos anos grazas á incorporación de novas técnicas, que compatibilizan o cultivo da viña e as tarefas de colleita e vendima ao estilo tradicional, co uso de tecnoloxías avanzadas no proceso de vinificación. O resultado: viños respetuosos coa tradición que expresan perfectamente as características das variedades coas que son elaborados.

jueves, 7 de enero de 2010

ADEGA A COROA S.A.T.

En pleno Val de Valdeorras, xa coñecida dende a antigüidade como unha dos pasos naturais de entrada a Galicia, e en fincas localizadas na súas soleadas ladeiras, sitúase a adega A Coroa.

A adega A Coroa está situada nun punto histórico e estratéxico, por estar situada nunha zona céntrica do territorio dos Gigurri, a 200 metros dao sur pasaba a Vía XVIII e 300 ao norte a explotación aurífera A Pala.

A adega ocupa ademáis unn pequeño promontorio, de aí o seu nome Coroa ou Coroa, onde se localizaba un poblado castreño relacionado coa xa mencionada explotación aurífera.

Debido á súa situación xeográfica e a carga que ten a historia da finca, a adega foi reconstruída seguindo os máis estritos parámetros que marcaron a época: pedra, arxila, lousa e madeira.

A Coroa logrou integrar neste edificio emblemático parte da historia de Valdeorras e o entorno que lle confire a súa posición privilexiada na rexión vitivinícola.

Adegas a Coroa aposta pola convivencia coa natureza e o entorno natural dende unha conciencia ecolóxica natural, vivida dende sempre, respectando o medio ambiente como un principio vital en todas as súas accións.

Poema do viño


O poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán imaxinou unha voda entre o Godello e o Mencía á que asistirían como padriños, a Viura e o Caíño e no baile post-casorio a mellor parella foi a formada por mozo Merenzao e a Mociña Fresca, tamén participaron na cerimonia a nena Garnacha e o Brencellao e entre tanta alegría e pándega houbo algunha que outra chiscadela amorosa como foi o caso de que Coesa nena tola/ que din Vicivera, jerez, o andalús, foi de brincadeira, a pesar da oposición da nai da rapaza- a María Ordoña-. Remata este poema titulado Casorio, publicado en Galicia Infinda, de forma feliz, anunciando o nacemento dun novo rebento, e faino con estes versos:

“Fillo da Mencía
e mais do Godello,
un neno varudo
ledo e rebuldeiro
(dos que din as xentes:
arde un candieiro),
naceu, polo Cristo,
no mes de septembro”.