lunes, 11 de enero de 2010

ADEGA MELILLAS S.L.

A paixón polo viño da Adega Melillas S.L. Comeza no cultivo de viñedos propios no val de Valdeorras. As cepas centenarias cultivadas nos terreos de lousa nas ladeiras do val da Rúa gardan o gran segredo do Lagar do Cigur. A calidade dende os viñedos ata a botella é a súa filosofía.

A Adega Melillas S.L. É unha adega familiar recén construída a partir dunha vella adega reestructurada que conta cunha cova interior e unha antecova para a elaboración dos viños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario