Mostrando entradas con la etiqueta OURENSE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OURENSE. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de agosto de 2010

Salustiano Mato aposta pola creación dun ciclo enológico no campus ourensán

O novo reitor da Uvigo, Salustiano Mato, anunciou a súa intención de crear un ciclo superior de Enoloxía, enfocado á explotación da riqueza vinícola das provincias de Ourense e Pontevedra.

Con esta oferta formativa, que se situaría no Campus ourensán, o reitor pretende dar énfase á proliferación da calidade do sector vinícola en Galicia; ademais, daríase resposta a unha antiga demanda dos presidentes do catro denominacións de orixe ourensáns. Salustiano propuxo que de levarse acabo o proxecto, o sector empresarial vinícola xogaría un papel de enorme importancia na oferta formativa.


jueves, 14 de enero de 2010

ADEGA CARBALLAL S.L.

A Adega Carballal S.L., localizada en Petín de Valdeorras, xurdiu coa necesidade de sacar ao mercado as súas plantacións de Godello e Mencia, alcanzando en 2008 o Acccio de Ouro para Erebo, marca de Godello e Mencía de Adegas Carballal S.L.