Mostrando entradas con la etiqueta PREMIOS GODELLO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PREMIOS GODELLO. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de septiembre de 2011

Un Godello de Valdeorras consegue a medalla de prata no certame "Mundus Vini", celebrado en Alemaña.

Bioca Godello 2010, de adegas María Teresa Nuñez Veiga, consegue a medalla de prata no certame "Mundus Vini " de Alemaña.

O certame estivo caracterizado pola forte presenza dos viños españois, que nesta edición colocáronse como a terceira potencia vinícola tras Italia e Alemaña, duplicando mesmo  á todo poderosa Francia en número de premios.

Sendo conscientes do crecente incremento nas exporatacións vinícolas por parte deste país, débese valorar na súa medida o gran recoñecemento que un novo monovarietal de Godello alcanza nun dos mercados máis esixentes e de maior tradición e cultura do panorama vinícola internacional.

As notas de cata para o monovarietal de Godello Bioca 2010, elaborado por adegas María Teresa Núñez Vega e baixo o amparo da D.O. Valdeorras, son as seguintes:

"Cor limón, estilo floral moi acusado, con xasmín e azahar. Bo nivel de acidez, intenso no medio padal, capas de complexidade e un final longo".

 

jueves, 22 de septiembre de 2011

Wine Espectator outorga 90 puntos a Godeval 2010

A prestixiosa revista nortemaricana Wine Spectator outorga 90 puntos ao godello de Godeval 2010.

A prestixiosa publicación estadounidense Wine Spectator, da que o godello de Godeval é un dos habituais nos seus recoñecementos dos últimos anos, non quixo perder a tradición outorgando ao godello 2010 unha cualificación de 90 puntos.

Este recoñecemento únese ao recibido de man de The Wine Advocate que lle outorgou á colleita 2010 unha cualificación de 91 puntos e que é a mellor cualificación obtida por este viño na súa historia na revista que dirixe e edita Robert Parker, xa que as anadas 2006, 2007, 2008 e 2009 lograron 90 puntos.

O godello de Godeval, que se comercializa en Estados Unidos baixo o nome de "Viña Godeval", recolle as seguintes valoracións por parte da prestixosa publicación:

"Este ousado branco móstranos unha equilibrada acidez con remarcados aromas minerais, de pomelo e d herba fresca. Un pouco austero, pero estimulante e equilibrado. Un gran complemento para as comidas" 




miércoles, 31 de agosto de 2011

13 viños da D.O. Valdeorras distinguidos polos Catadores Galegos.

Onte facíanse públicas as valoracións achegadas pola Asociación Galega de Sumilleres "Gallaecia" que, despois de realizar unha dobre cata nas diferentes Denominacións de Orixe Galegas durante os meses de Xuño, Xullo e Agosto, realizaban no día de onte a cata final onde saíron os galardoados como "Distinguidos Gallaecia 2011", premio recoñecido polo Ministerio de Medio Rural do Goberno de España.

De entre os 21 viños da D.O. Valdeorras seleccionados na cata inicial celebrada na sede do Consello Regulador desta denominación de orixe, premiouse a 13 deles nunha selección que foi definida pola Presidenta da Asociación Galega de Sumilleres, Mercedes González, como "Moi axustada", engadindo "que daba pena deixar algún fóra, pero que tampouco se pode premiar a todos, xa que entón perderíase o rigor destes galardóns"

Para remarcar a profesionalidade e rigurosidade destes premios, a cata final realízase con mostras recollidas directamente do mercado. Xa que segundo nos aclara Mercedes "Nós para a cata final collemos mostras directamente do mercado para asegurarnos do que vai comprar o consumidor é o que catamos; é por iso que o que certificamos é o lote"

En canto ao resultado final do catado, remarca como nota diferencial con respecto a outros anos que "os viños están a evolucionar máis rápido que outras tempadas, debido a que tivemos un verán seco, e entón a frescura queda un pouco máis camuflada e a acidez quedou un pouco tapada". E, a súa vez destacou aos crianza como "uns viños superfrancos e moi lonxevos mantendo a variedade"

Os viños da D.O. Valdeorras distinguidos co galardón "Gallaecia 2011" son os seguintes:
(Podes coñecelos de primeira man facendo click sobre eles)

Viños Brancos

VIÑO/ADEGA






Viños Tintos

VIÑO/ADEGA