Mostrando entradas con la etiqueta DISTINCIONES GALLAECIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DISTINCIONES GALLAECIA. Mostrar todas las entradas

viernes, 2 de diciembre de 2011

Broche de Ouro para os viños de Valdeorras cun godello seleccionado entre os 100 mellores viños do mundo


Wine Spectator situou ao Godello de Valdeorras Godeval 2010 entre os 100 mellores viños do mundo; enxalzándoo no posto 71, como único viño branco español incluído no Top 100 da prestixiosa publicación estadounidense.

Este prestixioso recoñecemento únese ao que recolliamos dende a nai do viño alá por Setembro; onde Wine Spectator outorgaba 90 puntos ao godello de Godeval que se sumaban aos 91 puntos outorgados por Parker en xullo. Pola súa banda, os especialistas galegos de AGASU e GALLAECIA tamén premiaron o gran traballo desta adega, pioneira en recuperar o Godello en Galicia, con senllos recoñecementos que sitúan de forma merecida a aposta de calidade de Godeval.

Os recoñecementos que chegan ás adegas de Valdeorras, tanto do ámbito nacional como internacional, xa non resultan estraños para ninguén. Se Estados Unidos rendeuse á gran calidade do Godello de Valdeorras; agora países como: Inglaterra, Francia, Italia e sobre todo salientar a importancia de Alemaña como importante competidor en brancos, fíxanse en Valdeorras como un exemplo a seguir en aspectos de calidade, prezo, materia prima e desenvolvemento.

A nivel nacional o mercado está a estenderse moito. Importantes rexións como as comunidades de Madrid, Cataluña, Baleares, Levante, A Mancha ou Cantabria, entre outras moitas, supuxeron un incremento máis que considerable na demanda e consecuente consumo dos viños de Valdeorras por toda España.

Con todo iso, queremos felicitar aos adegueiros de Godeval, extendendo a nosa felicitación e agradecemento a todas as adegas valdeorresas, por todo o empeño que poñen no arduo traballo de elaborar uns dos mellores viños do mundo, sempre fundamentados na honestidade do gran labor de crear uns caldos que son fiel reflexo das súas xentes e a súa terra.





miércoles, 31 de agosto de 2011

13 viños da D.O. Valdeorras distinguidos polos Catadores Galegos.

Onte facíanse públicas as valoracións achegadas pola Asociación Galega de Sumilleres "Gallaecia" que, despois de realizar unha dobre cata nas diferentes Denominacións de Orixe Galegas durante os meses de Xuño, Xullo e Agosto, realizaban no día de onte a cata final onde saíron os galardoados como "Distinguidos Gallaecia 2011", premio recoñecido polo Ministerio de Medio Rural do Goberno de España.

De entre os 21 viños da D.O. Valdeorras seleccionados na cata inicial celebrada na sede do Consello Regulador desta denominación de orixe, premiouse a 13 deles nunha selección que foi definida pola Presidenta da Asociación Galega de Sumilleres, Mercedes González, como "Moi axustada", engadindo "que daba pena deixar algún fóra, pero que tampouco se pode premiar a todos, xa que entón perderíase o rigor destes galardóns"

Para remarcar a profesionalidade e rigurosidade destes premios, a cata final realízase con mostras recollidas directamente do mercado. Xa que segundo nos aclara Mercedes "Nós para a cata final collemos mostras directamente do mercado para asegurarnos do que vai comprar o consumidor é o que catamos; é por iso que o que certificamos é o lote"

En canto ao resultado final do catado, remarca como nota diferencial con respecto a outros anos que "os viños están a evolucionar máis rápido que outras tempadas, debido a que tivemos un verán seco, e entón a frescura queda un pouco máis camuflada e a acidez quedou un pouco tapada". E, a súa vez destacou aos crianza como "uns viños superfrancos e moi lonxevos mantendo a variedade"

Os viños da D.O. Valdeorras distinguidos co galardón "Gallaecia 2011" son os seguintes:
(Podes coñecelos de primeira man facendo click sobre eles)

Viños Brancos

VIÑO/ADEGA






Viños Tintos

VIÑO/ADEGA