Prowein,
Feira Internacional de Viños e Bebidas Espirituosas
en Düsseldorf, Alemaña. Na que a D.O. Valdeorras estivo
presente.

A Primeira edición de Prowein foi fai xa 20 anos. Na actualidade, ProWein é a feira principal a nivel mundial no sector do comercio de viños e bebidas espirituosas internacionais. Neste tempo, o número de expositores fíxose 15 veces superior ao do primeiro evento, acoden 30 veces máis visitantes, o número de países participantes é 6 veces maior e a superficie que cobre é 18 veces máis grande.
Prowein
2014 a feira do viño de Dusseldorf, tivo lugar este
ano novamente nesta cidade alemá, entre os pasados días 23 ao 25 de marzo de
2014 nas instalacións do recinto feiral Messe Düsseldorf.
Contou coa presenza dos mellores expertos do sector,
sendo para todos eles un evento de case inescusable asistencia, tanto polas
novidades que nel se poideron observar coma polos contactos que se estableceron, deste xeito, considerase unha das feiras máis importante a nivel
mundial.
A D.O. Valdeorras
estivo presente no seu stand n ºA40
do vestíbulo nº4 coa presenza de 11 adegas con 22 marcas. Con esta ampla
representación seduciu aos padais máis exquisitos de Europa, competindo con
viños de Francia, Alemaña, Italia, Grecia, Australia, etc. Isto é, do mellor do
panorama vitivinícola mundial. É tamén unha feira de gran presenza de
importadores que buscan novos valores enolóxicos, ou sexa, viños de novas
zonas con variedades pouco coñecidas pero dunha calidade máis que contrastadas.
Neste aspecto Valdeorras ten moitas fortalezas xa
que o seu enclave xunto coas variedades que aquí se cultivan, proporciona viños
dunha gran personalidade.
Importadores
europeos entusiasmados cos viños da DO Valdeorras. Como é habitual, a definición
dos nosos viños foi a diferenciación e a calidade. Máis de cuarenta visitas
pasaron polo stand da DO Valdeorras. O futuro ábrese cara Xapón.
“Queremos godello de valdeorras para Xapón”; decía un importador alemán.
Éxito entre importadores noruegos, belgas e alemáns dos viños valdeorras.