Música, humor, gastronomía, exposicións e - sobre todo- grandes viños serán os alicientes da XVI Feira do viño de Valdeorras que, ademais, contará coa emisión do programa líder das mañáns da fin de semana en Radio Nacional de España "No es un día cualquiera".
"No es un día cualquiera", programa de Radio Nacional de España presentado por Pepa Fernández, elixiu a feira do viño de Valdeorras para pechar a súa tempada de emisión e complementar, desta maneira, uns actos que buscan o goce dos visitantes a través dun nutrido elenco de ofertas que terán o seu punto cúlmen na exhaltación dos viños DO Valdeorras.
Foto xentileza de Radio Nacional de España |
Dende exposición de vehículos clásicos, até a participación dun dos máis reputados monologuístas da actualidade española, Rober Bodegas, pasando pola música tradicional galega e todo iso aderezado con maridaxes gastronómicas entre a máis vangardista cociña e a calidade dos viños DO Valdeorras, converterán á comarca de Valdeorras no centro neurálxico da gastronomía e a enoloxía os días 13 e 14 de Xullo.
Para todos aqueles que desexen asistir á feira, dende a nai do viño ofrecémosvos o programa completo de actividades que marcarán o evento:
SÁBADO 13 DE XULLO
De 8:00 a 13:00 horas: Programa en directo de RNE "No es un día cualquiera", presentado e dirixido por Pepa Fernández. Cinema Avenida da Rúa. Entrada libre e gratuíta até completar aforamento
Ás 12:00 horas: Apertura do Recinto Feiral
De 12:00 a 12:30 horas: Banda de Gaitas Abertal de A Rúa
Ás 12:30 horas: Inauguración da XVI Feira do Viño de Valdeorras polas autoridades
Ás 13:00 horas: Actuación do humorista Rober Bodegas co seu monólogo "El umbral de la estupidez"
Ás 14:30 horas: Peche do recinto
Ás 19:00 horas: Reapertura do recinto para a degustación dos viños de Valdeorras
De 19:30 a 21:00 horas: Cociña en directo -Maridaxe culinaria con viños DO Valdeorras-
DOMINGO 14 DE XULLO
De 8:00 a 13:00 horas: Programa en directo de RNE "No es un día cualquiera", presentado e dirixido por Pepa Fernández. Cinema Avenida da Rúa. Entrada libre e gratuíta até completar aforamento
Ás 12:00 horas: Apertura do Recinto Feiral
De 12:00 a 12:30 horas: Banda de Gaitas da Deputación de Ourense
13:00 a 14:30 horas: Cociña en directo -Maridaxes culinarias con viños DO Valdeorras-
14:30 horas: Clásicos A Rúa - Desfile de coches antigos pola Feira -
14:30 horas: Peche do recinto
19:00 horas: Reapertura do recinto para a degustación dos viños DO Valdeorras
Entrega de premios ás adegas gañadoras da XIV Cata da XVI Feira do Viño de Valdeorras
19:00 a 21:00 horas: Cociña en directo - Maridaxes culinarias cos viños DO Valdeorras -
22:30 horas: Clausura da XVI Feira do Viño de Valdeorras
![]() |
Fai click sobre imaxe para ampliar |
Adiantando a participación do irmandado Concello de Almendralejo un ano máis na Feira, nos próximos días irémosvos dando cumprida conta de cada un dos actos, do mesmo xeito que dos seus participantes, a través deste blog e desde as Redes Sociais de A nai do viño.