lunes, 17 de junio de 2013

Os viños DO Valdeorras convídante a súa XVI feira do Viño os próximos 13 e 14 de Xullo



Nun destacado marco enolóxico, gastronómico e cultural celebraranse os actos correspondentes á XVI feira do viño DO Valdeorras, que este ano terá como data de celebración os próximos 13 e 14 de Xullo.

Un ano máis a comarca de Valdeorras vístese de gala para dar a benvida á súa anual feira do viño que, este ano, reforzará os seus actos cun nutrido elenco de actividades que complementarán a exaltación duns dos viños máis de moda no panorama vinícola internacional.


Showcookings, personalidades do espectáculo e a realización en directo do programa de RNE "No es un día cualquiera", presentado e dirixido por Pepa Fernández, serán algúns dos grandes alicientes que conformarán unha fin de semana festiva na comarca.

Ademais, desde a organización porase a disposición dos asistentes, transporte público e gratuíto desde O Barco de Valdeorras, para que os visitantes poidan acceder ao recinto feiral - un ano máis na área recreativa do Aguillón, A Rúa - sen necesidade  de usar transporte particular.

Con isto e ao longo dos próximos días, dende A nai do viño irémosvos dando cumprida información de cada un dos actos que centrarán a celebración da XVI edición da Feira do viño DO Valdeorras.

Agardármosvos!    







No hay comentarios:

Publicar un comentario