martes, 12 de junio de 2012

Bioca Godello 2011 e A Coroa Lías 2010 medalla de Ouro en Francia



Novas medallas de Ouro para os godellos DO Valdeorras no concurso Les Citadelles Du Vin, Francia, que celebrará a súa entrega de galardóns 2012 en Vinexpo Asia-Pacific en Hong Kong.

Les Citadelles Du Vin, un dos concursos con maior repercusión do planeta que se celebra en Francia, volveu a encumbrar ao Godello DO Valdeorras con senllas medallas de ouro para Bioca Godello 2011 e A Coroa Leas 2010

Nun marco no que os brancos españois repartíronse catro ouros, os Godellos DO Valdeorras  brillan con luz propia conseguindo dous dos máximos galardóns; sendo secundados no que ao viño galego se refíre, por dous Albariño de Rías Baixas valorados con medallas de prata. 


Bioca 100% Godello, elaborado pola adega María Teresa Núñez Veia e que se fixo acredor de multitude de premios internacionais para a súa colleita 2011, foi un dos grandes viños galardoados co ouro. As súas notas de cata son as seguintes: "Cor limón, estilo floral moi acusado, con xasmín e azahar. Bo nivel de acidez, intenso no medio padal, capas de complexidade e un final longo".





A Coroa Lías 2010 foi o outro caldo DO Valdeorras galardoado coa máxima condecoración por parte dos especialistas franceses, mostrando o gran prestixio que acredita a adega A Coroa a nivel internacional. As súas notas de Cata son as seguintes: "Cor amarelo pallizo con reflexos verdosos, limpo e brillante. Destacan os aromas de froita madura, florais e fondos vexetais característicos dos grandes godellos. Complexo, elegante e intenso. Untuoso en boca e dotado de boa acidez. Postgusto longo e persistente cun lixeiro amargor final"





Cada ano, no mes de maio, 40 degustadores internacionais de alto nivel reúnense en Bourg (Bordeus - Francia) durante tres días para elixir os mellores viños entre 800 mostras que proceden de máis de trinta países.

Con unha cantidade superior ao 70 % de viños estranxeiros, a competición chegou a un nivel de mostras e de recoñecemento internacional que sitúa a Les Citadelles du Vin entre os concursos de primeira orde do planeta.

En 2012, a entrega de premios e a promoción dos viños premiados desenvolveranse durante o moi influente Salón Internacional do viño e dos espirituosos, Vinexpo Asia-Pacific en Hong Kong.

Con este novo recoñecemento refórzase o auxe internacional que situou aos viños DO Valdeorras como uns dos viños máis en de moda no sector vinícola internacional, facéndose acredores dos máis altos galardóns que outorga o sector e conferindo unha merecida correspondencia ao traballo de produtores, elaboradores e Consello Regulador amparados baixo o Selo de Calidade DO Valdeorras.






No hay comentarios:

Publicar un comentario