lunes, 11 de junio de 2012

Viños DO Valdeorras embaixadores da marca "Excelencia" de produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal

Fonte artigo - Vídeo: Adega Alan de Val - Diario La Región
 A adega ruésa Alan de Val co seu viño "A Costiña" e en compañía dos viños de adega Santa Marta e Godeval, promociónase baixo o selo  de excelencia dos produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal.

As promocións desenvolvidas dende o organismo de cooperación transfronteiriza do Eixo Atlántico, situaron de forma permanente na vila valdeorresa de O Barco un expositor de destacados produtos de Galicia e Norte de Portugal, onde os viños DO Valdeorras xogan un papel máis que destacado.

A fama que fixo acredores aos caldos DO Valdeorras como uns dos viños máis de moda no panorama vinícola internacional, é un dos puntos de atracción desta exposición promocional de produtos de Galicia e Norte de Portugal que aúna, baixo un selo común, a excelencia dos produtos tradicionais comprendidos nestas zonas.

Neste marco inclúese o viño "A Costiña", da adega DO Valdeorras Alán de Val, quen exercerá, en compañía doutros viños da comarca, o papel de gran embaixador da excelencia da terra.

"A Costiña" é un apreciado viño de nova xeración que se está elaborando en Valdeorras coa variedade de uva tinta 100% Brancellado. Envellecido durante 6 meses en barrica de Carballo Francés, deste viño elabórase unha produción limitada que rolda as 1200 botellas.

Cun contido alcohólico de 14% vol, convértese nunha optima aposta para a súa presentación en maridaxe con carnes vermellas, guisos e caza menor.

As súas notas de cata son as seguintes: "Sorprendente mestura de aromas de confeitura de frutos vermellos e regaliz perfectamente ensamblado con notas florais de violeta e flor de améndoa. En boca é amplo, con magnífica acidez, tanino rugoso e un marabilloso final seco e mineral".

 Xunto a "A Costiña""Viñaredo Sousón" e "Viñaredo Godello Barrica ´10" ( de adegas Sta. Marta)  e "Godeval Cepas Vellas" (de adega Godeval) dos que vos falaremos nos próximos días de forma máis pormenorizada, serán os caldos DO Valdeorras encargados de presentar a excelencia do viño dentro dos produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal.



Amplía información sobre a noticia no Blog de Alan de Val

No hay comentarios:

Publicar un comentario