viernes, 15 de junio de 2012

A adega Alan de Val presentará a excelencia dos seus caldos en A Toja e Cangas

 A adega DO Valdeorras Alan de Val presentará a excelencia dos seus viños, a semana próxima, en dous actos de destacada índole e importancia dentro do sector gastronómico Galego.
Tal e como vén sendo habitual por esta adega , e no afán de mostrar o seu compromiso co público galego, Alan de Val realizará, a semana próxima, dúas presentacións marcadas pola importancia de compartir escena co mellor do panorama enolóxico e gastronómico de Galicia.

O primeiro evento celebrarase o vindeiro luns 18 de xuño, no Casino de A Toja e dentro dun acto de marcado caracter social. Baixo estas directrices, o Casino  acollerá unha Cea Solidaria en favor das familias necesitadas de paquetes básicos de alimentación, baixo o sobrenome "DEGUSTA SOLIDARIEDADE".

DEGUSTA SOLIDARIEDADE, a través dunha cea-cóctel aberta ao público en xeral , contará coa colaboración e asistencia en grao sumo destacado do sector profesional da hostalaría e restauranción galega: Pepe Solla, Javier Olleros, Beatriz Sotelo e Juan Crujeiras (Cheffs Grupo Nove), Óscar de Toro (Campión galego de baristas), José Manuel Miguez Cid (Campión Galego de Cortadores de Xamón) e José Soto (Barman executivo do Casino da Toja).

 Todo iso baixo a dirección de Mónica Novas, representante da empresa de Xestión de Actividades Asistogal.


Nun marco de solidariedade e compromiso social ao que se poderá asistir por só 10 euros, a Adega Alán de Val préstase a mostrar o seu lado amable por medio o seu viño A Escada, que poderá ser degustado por todos e cada un dos asistentes ao acto.

Amplía información e participa no evento

Segue o evento en Facebook



O segundo acto terá lugar ao día seguinte, martes 19, no Mesón O Forte, Cangas, e que consistirá nunha cata a cegas na que se poderán degustar algúns dos mellores brancos que ofrece a viticultura de Galicia.

 O evento, ao que se poderá asistir polo módico prezo de 5 euros, ten como finalidade pór ao servizo do gran público a posibilidade de apreciar os trazos diferenciais que ofrecen as distintas variedades de uvas brancas galegas e, entre as que non podía faltar, o Godello DO Valdeorras de adegas Alan de Val.



Amplía información sobre o acto

O excelente traballo que están a realizar os responsables da adega Alán de Val, os irmáns Sánchez Rodríguez, vese referendado no compromiso que mostran co público galego, achegando a excelencia dos caldos DO Valdeorras a todos os amantes do viño en Galicia, España e Europa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario