lunes, 18 de junio de 2012

A ASOCIACIÓN DE SUMILLERES, "GALLAECIA", INICIA AS SÚAS CATAS PARA AS DISTINCIÓNS GALLAECIA 2012 NA D.O. VALDEORRAS

Un ano máis, a Asociación de Sumilleres de Galicia "GALLAECIA", desprazouse a Valdeorras para cualificar a excelencia dos caldos que se amparan baixo o selo de calidade desta DO.

            O luns 11 de xuño iniciaba as súas andanzas por todos os consellos reguladores de Galicia esta asociación de sumilleres, nun esforzo que debe agradecerse aos asociados que conforman este colectivo; quen, ademais do seu traballo, poñen de seu o día de libre, cambian o día de traballo con compañeiros, ademais de dispor do seu coche e pagar gasolina. Todo iso co firme afán de apoiar e promocionar o mundo do viño e augardentes de Galicia; xa que, cando falamos de GALLAECIA, falamos de auténticos profesionais comprometidos co seu traballo e co do sector do viño galego.

As catas realizadas pola Asociación son cegas, botella tapada que unicamente coñecen os técnicos do Consello Regulador, sen os que, sen dúbida, o traballo tampouco sería posible.

Os actores principais son os viños, sen eles tampouco habería concurso e é por iso que desde o colectivo fan patente o seu máis sincero agradecemento ás adegas pola colaboración de todas as que decidiron someter os seus viños ao exame dos padais deste colectivo de Catadores.

            O panel de cata estivo constituído por: Mercedes González (presidente de Gallaecia, formadora e asesora restaurantes lucenses A Barra, Paprica e Colón), Luís Padín (vicepresidente de Gallaecia, presidente AGC, asesor vitivinícola, formador), Laura Gaioso (Tesoureira de Gallaecia, Restaurante Gaioso), Alberto R.García (secretario , Taberna Cabás en Ribadeo), Susi Nistal (Restaurante Formela León), Aurelio Váquez (Casa Aurelio, mellor proba Nariz Ouro Galicia 2012), Federica Salvador (Catador ,formadora de Monforte), Iván Pateiro (enólogo), José Angel Lamas(Porta pequena viños en Lugo), Natalia Cid (Casa de Viños Montecarlo na Coruña) , Óscar Sáez (Restaurante Coral na Coruña), Felicísimo Pereira (enólogo) e Alejandro López (Restaurante Domus na Coruña e subcampión Campionato Galego de Catadores 2012).

Presentáronse a concurso 69 mostras, 29 delas foron viños brancos do 2011 e 4 doutras anadas. Os tintos 36, 23 deles do 2011, cinco foron do 2010 e os 8 restantes doutras anadas.



As primeiras conclusións, en palabras de Mercedes González, son as seguintes:
"Se tivésemos que facer un balance global diriamos dos brancos que se presentaron moi varietales en aromas e sabores, frescos e elegantes. Os tintos con boa extracción de polifenoles,  na fase visual observouse máis intensidade de cor en xeral e en boca os taninos mostrábanse, en xeral, doces e aterciopelados. Fermosas coloraciones, aromas con moitas similitudes de froita silvestre e saborosos".

É importante apuntar que GALLAECIA non cobra por mostra presentada, a diferenza do que se fai noutros concursos. Ademais, Distincións Gallaecia é un Concurso de Viños Oficialmente Recoñecido polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño do Goberno de España. Desta precatas seleccionaranse os viños que pasarán a unha cata final con viños recolleitos directamente do mercado.

A valoración do acto reflíctese nas palabras do propia presidente de GALLAECIA, Mercedes González: "Como non podía ser doutra maneira, unha xornada completa e gratificante que nos puxo no camiño do que darán que falar os nosos viños e o bo sabor de boca que nos deixarán".



Coñece Gallaecia

Accede ao Blog de Mercedes González, presidente Gallaecia

Talvez poida interesarche

Coñece a DO Valdeorras

No hay comentarios:

Publicar un comentario