jueves, 21 de julio de 2011

Importante crecemento da imaxe de calidade do viño español en Europa.

Fonte: ICEX - vino gallego

O traballo realizado pola consultora Wine Intelligence levo a cabo nunha mostra de 4.500 persoas sobre 73,8 millóns de consumidores.

O informe sobre a 'Notoriedade dos viños españois nos principais mercados mundiais: Alemaña, Bélxica, Holanda, Reino Unido e Suíza', acaba de ser presentado en Madrid polo Observatorio Español do Mercado do Viño (OeMv).

A consultora británica Wine Intelligence realizou un traballo sobre unha mostra representativa de 4.500 persoas que toman viño polo menos unha vez ao mes, equivalente a 73,8 millóns de consumidores destes países.

Neste informe constátase o incremento de calidade e imaxe, e por tanto de prezo, do viño español nos principais mercados a nivel mundial por volume para España: Alemaña e Reino Unido. Así mesmo, o estudo reflicte un descenso na canle 'Horeca', á vez que aumenta a venda en supermercados e hipermercados e o consumo de viño no fogar.

En canto a tipos de viño, é notorio o incremento de venda dos rosados e espumosos. Da mesma forma, constatouse que os consumidores habituais son fieis aos viños do noso país, mentres que os ocasionais descenderon, favorecendo un incremento da competitividade. Un hándicap ao que os viños españois deberán de retar a través dunha marca 'España' e mediante mecanismos de fidelización para os consumidores de cada país.

Coincidindo coa presentación deste estudo, Isabel Bombal, Directora Xeral de Industria e Mercados Alimentarios do MARM, anunciou a aprobación dun investimento de 106,7 millóns de euros, con fondos do OCM, para a promoción dos viños españois en países terceiros.

Esta cifra supón un aumento do 23% na dotación para o desenvolvemento destes programas, que Bombal sinala como "un éxito do sector que mostra así o seu compromiso coa promoción".



No hay comentarios:

Publicar un comentario