martes, 26 de julio de 2011

Adegas Ruchel amplía as súas instalacións para satisfacer as crecentes demandas de mercado

A adega pertencente a D.O. Valdeorras Ruchel, amplía as súas instalacións para satisfacer a prolífica demanda dos seus caldos en España e no estranxeiro.

O proxecto, presentado pola súa xerente Inmaculada López e no que se viu acompañada polo presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras José Luís García Pando, ademais de diferentes personalidades do mundo da política galega e ourensá; puxo de manifesto o bo momento que están a vivir os caldos elaborados por Ruchel tanto a nivel nacional como internacional.

Baixo o amparo conseguido polo godello Ruchel en 2010, que o situou como mellor branco galego e a ratificación que lle outorga o prestixioso selo de "Galicia Calidade", que segundo palabras da Directora Xeral de Innovación e políticas agrarias da Xunta de Galicia, Alejandra Álvarez, "convérteo nun máis que excelente embaixador de Galicia no exterior"; a adega realiza unha importante aposta polo incremento da produción dos seus prestixiosos caldos.

A adega valdeorresa, que produce anualmente unha tirada de 125.000 litros de viño, realizou un investimento de 435.000 euros que servirán para ampliar o cociente de produción que satisfará a gran demanda que posúen os seus caldos en mercados tan esixentes como o estadounidense e o crecente e desexado mercado brasileiro, co que se asinou hai escasos meses un importante convenio de importación. 

O acto serviu á súa vez para presentar a nova imaxe corporativa da adega, acompañada da aposta pola elaboración de tintos variedade mencía típicos da comarca valdeorresa, nun marco que aúna tradición e innovación á hora de presentar ao mercado un produto de sobresaíente calidade.

Unha ambiciosa aposta pola elaboración de viños de enorme e contrastada calidade que a recado satisfarán aos padais máis esixentes.





No hay comentarios:

Publicar un comentario