miércoles, 27 de julio de 2011

Moitísimas grazas a todos

É imposible non emocionarse coas miles de felicitacións que enviastedes de todas partes mundo, é un pracer cumprir anos na vosa compañía. Moitísimas grazas a todos por estar aí.

E para ir por partes:

Moitas grazas aos seguidores de todos os recunchos do mundo! 
Vós enchedes a nosa aventura de emoción cos vosos comentarios, achegas e participación; é un pracer compartir as nosas horas convosco, facedes que se pasen voando.

Moitas grazas aos nosos compañeiros dos medios especializados que desinteresadamente comparten o seu traballo para fomentar a cultura do viño en todos os recunchos do planeta. Resulta unha grandísima gratificación compartir a vosa compañía neste mundo.

Moitas grazas aos adegueiros, viticultores e Consellos Reguladores, especial mención a todos os integrantes da D.O. Valdeorras, que co seu encomiable traballo e saber facer enchen nosas veladas co caloroso anhelo que poñen na elaboración dos seus caldos.

Moitas grazas ao sector especializado: asociacións de sumilleres, clubs de cata, enólogos, investigadores, locais especializados e ... a todos aqueles que conformades a gran familia do mundo do viño, por que coa vosa vontade, traballo e paixón achegades esta milenaria e gran cultura a todos os públicos. 

Un brinde! 
Si, por todos vós que facedes posible a gran familia da nai do viño.

E como unha nai envíovos moitísimos abrazos e calorosos bicos por facer posible que sigamos un ano máis convosco.

Quérevos a todos

A Nai do viño  

No hay comentarios:

Publicar un comentario