lunes, 26 de noviembre de 2012

Os viños DO Valdeorras xa están en Bruxelas

 Hai escasas horas que deu comezo a primeira das dúas presentacións que O Consello Regulador e adegas DO Valdeorras celebrasen en Bruxelas, ambas  rodeadas dun importante halo de expectación que superou as mellores previsións para estes eventos.

Ás 11:00 horas, o Hotel Meridién recibiu a unha comitiva DO Valdeorras formada pola representación  do Consello Regulador e once adegas, que mostrarán as excelencias da colleita 2011 ante un gran número de profesionais do sector Belga.

Nun acto que se prolongará até as 17:00 horas, os principais profesionais do sector do viño en Bélxica non quixeron perderse  a excelencia duns dos viños máis de moda no panorama vinícola internacional e, cunha sala case chea, poderán ratificar a gran expectación abalada polos máis prestixiosos concursos de Bélxica e Países Baixos cara aos viños DO Valdeorras.

Se hoxe toca o sector profesional, mañá será a quenda das altas institucións e o público en xeral que, nun acto marcado por unha gran demanda de asistencia e invitacións, esperan un cheo case total no centro da Fundación Galicia - Europa  da capital belga.


A Fundación Galicia Europa (FGE) é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1988 co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa.

Participada por diversas entidades públicas e privadas galegas, a Fundación está vinculada funcionalmente á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

A oficina de Bruxelas,  lugar de celebración da segunda presentación, forma parte das preto de 300 representacións rexionais establecidas na capital comunitaria.

Ao longo dos seus máis de 20 anos de historia, o traballo da FGE materializouse en catro grandes ámbitos de actuación que responden aos seguintes obxectivos:

    Defender os intereses de Galicia ante a UE

    Informar sobre a Unión Europea en Galicia

    Formar e sensibilizar sobre Europa en Galicia

    Promover a participación galega en proxectos europeos

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Coñece as adegas DO Valdeorras que presentarán os seus viños en Bruxelas

O Consello Regulador e as adegas DO Valdeorras ultiman os preparativos para a súa cita co público internacional en Bruxelas, a través de dous actos que seran celebrados os próximos días 26 e 27 de novembro, no Hotel Meridiem e no centro da Fundación Galicia - Europa, respectivamente.

Como anunciamos en pasadas publicacións, Bruxelas prepárase para recibir aos viños DO Valdeorras dentro dun marco que sitúa á capital Belga como un referente europeo e importante mercado para a comercialización e promoción internacional do viño.

Non é baladí que un dos máis importantes certames do sector no mundo,  "O Concours Mondial de Bruxelles", celébrase nesta capital e que, ano tras ano, son varios os viños da DO Valdeorras os que locen nas súas botellas os máximos galardóns dun certame no que compiten máis 6000 caldos do cinco continentes.

Por iso, na firme aposta da DO Valdeorras de compartir a excelencia dos seus caldos con todos os públicos, a través deste dobre acto presentásense as virtudes da colleita 2011 a profesionais do sector, altas institucións e público en xeral que desexe asistir ao evento.

Lembrámosvos que se queredes participar na presentación, podedes solicitar a vosa invitación remitindo un email co voso nome completo a: lamadredelvino@dovaldeorras.tv

Dádevos présa en facelo, xa quedan moi poquitas prazas dispoñibles 

Mentres se van fraguando os últimos flecos, dende a nai do viño presentámosvos ás adegas que tomarán parte nos actos.

Podedes ampliar información sobre cada unha delas facendo click sobre o seu nome


  Agardámosvos!


lunes, 19 de noviembre de 2012

Os viños DO Valdeorras presentarán as súas excelencias en Bruxelas

  Tras os éxitos cultivados en Nova York e Madrid, o Consello Regulador e as adegas DO  Valdeorras continúan coa súa  campaña promocional e, os próximos días 26 e 27 de Novembro, presentarán en Bruxelas o prestixio internacional dos seus viños.

Nun marco de presentación que se desenvolverá por partida dobre, tanto adegas como Consello Regulador porán a disposición do público local e internacional o crédito e prestixio que converteron aos viños DO Valdeorras nun referente de Galicia no estranxeiro.

Desta forma, o primeiro acto que terá lugar no Hotel Meridiam, o luns 26 de novembro en horario de 11:00 a 17:00 horas, estará adicado a distribuidores, restauradores e profesionais do sector belga coa finalidade de realizar accións comerciais e promocionais.

Mentres que, na liña de seguir compartindo a calidade dos seus viños co gran público, ao día seguinte, martes 27 e en horario de 18:30 a 21:00, a comitiva valdeorresa desprazarase ao centro da Fundación Galicia - Europa, para realizar unha presentación ante as altas institucións internacionais, dando cabida á participación do público en xeral que desexe asistir.

Lembrámosvos que se queredes participar no acto, dende xa podedes solicitar a vosa invitación remitindo un email co voso nome completo a: lamadredelvino@dovaldeorras.tv

Para completar a presentación do acto, ao longo da semana irémosvos dando cumprida información das adegas participantes, así como as últimas novidades en referencia ás solicitudes de asistencia. Estade atentos, haberá sorpresas.



Coñece a Fundación Galicia - Europa

jueves, 15 de noviembre de 2012

Record de afluencia para os viños DO Valdeorras en Madrid, que xa preparan a próxima presentación de Bruxelas

Fotos e info: Jorge Mazaira
 Novo éxito da DO Valdeorras en Madrid que, tras superar de forma folgada o milleiro de visitantes, xa prepara a súa próxima posta en escena os días 26 e 27 de novembro en Bruxelas.

A presentación DO Valdeorras de 2012 en Madrid disparou as previsións de afluencia e, ante un público envorcado coa calidade dos viños, superouse de forma moi folgada o milleiro de visitantes do ano pasado ano.

"A última hora da mañá contabamos con ao redor de 150 persoas reunidas no salón do Palace, bastante máis que o ano pasado, o que demostra o crecente interese da xente polos nosos viños, que atopan cada ano mercados máis amplos a nivel nacional e internacional" afirma Jorge Mazaira, responsable técnico do Consello Regulador.


O acto viuse referendado ademais de por a alta afluencia, polas grandes valoracións dos asistentes con respecto aos caldos 2011, todo iso engadido ao trato recibido por parte de Consello Regulador e das 18 adegas DO Valdeorras presentes no acto.

Tras este novo recoñecemento recibido por parte do público madrileño e sumado ao cultivado o mes pasado por parte do público especializado neoyorkino; o Consello Regulador e as adegas DO Valdeorras volven preparar as maletas para compartir a excelencia dos seus viños co público belga, na próxima presentación que se celebrará os días 26 e 27 de novembro en Bruxelas.


Nun acto dentro do cal se adicará o primeiro día en exclusiva a unha cata para o sector profesional do país; estenderase o seu radio de acción ao sector especializado internacional o segundo día, no centro da Fundación Galicia-Europa.

A través desta presentación preténdese reafirmar a gran aceptación que os viños DO Valdeorras teñen en Bélxica, tal e como ratifica cada ano o Concurso Mundial de Viños de Bruxelas, onde sempre se outorgan máximos recoñecementos para os viños da DO.

Con esta pequena crónica pechamos a presentación de Madrid, non sen facer chegar o agradecemento de adegas e Consello Regulador DO Valdeorras a todos os asistentes, e abrindo unha nova porta á próxima presentación de Bruxelas, da que vos iremos mantendo cumplidamente informados dende A nai do viño e Un universo en cada botella.

lunes, 12 de noviembre de 2012

Joaquín Rebolledo seleccionada como a adega española con mellores viños para o mercado asiático

Fonte Info: José Ramón Rodríguez Castellanos - Joaquín Rebolledo
Despois de recibir numerosos premios nacionais e internacionais, por primeira vez os viños da adega DO Valdeorras "Joaquín Rebolledo" sometéronse a un dos concursos de referencia para o mercado asiático, o "Cathay Pacific Hong Kong International Wine & Spirit Competition", logrando un excepcional recoñecemento.

 Joaquín Rebolledo Godello foi galardoado cunha das 45 medallas de Ouro entre viños de todo o mundo. O galardón recoñéceo como o mellor viño do mundo en maridaxe cunha tipoloxía específica de comida asiática.

 Así mesmo, Joaquín Rebolledo Mencía conseguiu dúas medallas de Bronce no apartado de maridaxe e Medalla de Prata no ranking xeral.

 Estes galardóns converten a Joaquín Rebolledo na adega española máis premiada do concurso.

 O Cathay Pacific Hong Kong International Wine & Spirit Competition é un evento único e o primeiro do seu tipo. En colaboración co Concurso Internacional con sede en Londres Wine & Spirit, que estivo funcionando durante 40 anos e é a plataforma máis importante do mundo para o recoñecemento da calidade na industria vinícola, o Cathay Pacific Hong Kong International Wine & Spirit Competition creouse especificamente para a rexión de Asia.

 É a primeira competición de viño verdadeiramente asiática no mundo, co apoio dos factores crave, tales como: comida chinesa e premios maridaxe. Os resultados do concurso ofrecen ao consumidor do viño en Asia a guía definitiva para a compra de viño que é sensible ao padal asiático e os patróns de consumo cultural.

Ser recoñecido pola Cathay Pacific Hong Kong Internacional Wine & Spirit Competition ofrece prestixio instantáneo no mercado xa que é o referente para a poboación de consumidores de viño en Asia.

 Este galardón vén reafirmar o gran prestixio que atesouran os viños da adega DO Valdeorras "Joaquín Rebolledo" e, desta forma, os novos recoñecementos únense aos concedidos ao longo de 2012 e entre os que se destacan:

 Medallas de Ouro e Prata outorgadas no Concurso Mundial de Viños de Bruxelas para Godello e Mencía novo respectivamente

 Bacchus de prata para o Mencía Barrica 2010

 Arribe de prata para Mencía 2011

 Acio de Ouro para o Mencía xove que lle sitúa como mellor tinto de Galicia en 2011

Mención de honra no Concurso mellores viños de España para Países baixos.

 
Ademais, destaca o recente éxito acadado no Salón dos mellores viños de España - Guía Peñín 2013:

 * Joaquín Rebolledo Mencía 2011: 94 puntos

 *Joaquín Rebolledo Tinto Barrica 2010: 93 puntos

 * Joaquín Rebolledo Godello 2011: 91 puntos 







lunes, 5 de noviembre de 2012

A DO Valdeorras presentará os seus viños en Madrid o próximo 12 de Novembro

Tras San Sebastián e Nova York, o próximo destino para os viños DO Valdeorras será Madrid o 12 de Novembro.

Como cada ano, o Hotel Palace da capital Española recibirá á flor e nata das adegas DO Valdeorras, o vindeiro luns 12 de Novembro, en horario de 12:30 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Tras os éxitos cultivados nos diferentes expositores das máis importantes feiras do sector en España e o estranxeiro, os viños DO Valdeorras cumpren un ano máis o seu compromiso co público da capital, realizando a súa presentación anual en terras madrileñas.

 Como ven sendo habitual a nai do viño porá á vosa disposición, nos próximos días, un determinado número de entradas para que poidades coñecer de forma gratuíta as excelencias duns dos viños máis de moda no panorama internacional.

Mentres, presentámosvos ás adegas que estarán presentes no acto, lembrándovos que poderedes ampliar información de cada unha delas facendo click sobre o seu nome.

miércoles, 31 de octubre de 2012

O Consello Regulador DO Valdeorras levanta un gran éxito de expectación coa súa visita a Nova York


O Consello Regulador DO Valdeorras, en representación do groso de adegas adscritas ao seu selo de calidade, acudiu á cita anual co gran público Norteamericano, cultivando un excepcional éxito de acollida que non parou de incrementarse de forma substancial nos últimos anos.

 Nin a ameaza do Furacán Sandy conseguiu dar ao traste coa excepcional expectación que ano tras ano recibe a visita do CRDO Valdeorras a terras nortemericanas. 

Desta forma, o pasado mércores 24 de novembro, o Consello Regulador  DO Valdeorras acudiu á cita anual cos grandes profesionais do sector do viño norteamericano no  Metropolitan Pavilion da Gran Mazá neoyorkina; cultivando, con esta visita, un éxito sobresainte de acollida e multitude dos máis grandes eloxios do salón. 

 Así nolo explica o director técnico do Consello Regulador, Jorge Mazaira: "Como vén sendo habitual nos últimos anos, o éxito foi rotundo para os nosos viños. O público neoyorkino aprecia a gran calidade dos brancos e cada ano déixase sorprender de maneira máis cortés polos nosos tintos"

Nunha análise máis pormenorizada, especifícanos que "o gran éxito que teñen os viños DO Valdeorras en Estados Unidos fundaméntase na singularidade e diferenciación  que os converte nuns viños  únicos que, a maiores e xunto á accesibilidade do seu prezo, sitúaos como unha aposta moi interesante e exclusiva para o selecto publico desta grande cidade".



Á súa vez e sobre a exclusividade dos mesmos, Jorge Mazaira puntualiza que "Valdeorras é exclusivo por que a produción de godello é pequena (2 millóns de quilos) e isto, unido á calidade, fai que os viños sexan unha preferencia moi demandada tanto polo consumidor final, como polos máis importantes "Wine Geeks" do país". 

Con respecto á feira deste ano, Jorge achéganos os seguintes datos "Este ano e despois do traballo realizado en anteriores edicións, pódese afirmar que o éxito foi total e mesmo os compañeiros doutros expositores e de diferentes denominacións de orixe, traíannos clientes para probar os nosos viños brancos"

E se os brancos sorprenderon, non foron menos os tintos que, despois das últimas presentacións, foron participes dun gran interese suscitado como viños diferentes e de gran calidade. Así nolo explica Jorge "Con respecto aos tintos, hai que dicir que seguen sorprendendo de maneira moi positiva. Por unha banda os tintos mozos destacaron pola súa frescura, sendo a complexidade e suntuosidad o factor máis valorado nos tintos con crianza".


 Desta forma péchase un mes no que Nova York foi a protagonista para os viños DO Valdeorras. Este feito vén dado polo afán das adegas e Consello Regulador DO Valdeorras en promocionar a calidade dos seus viños nos máis importantes mercados, facendo chegar esta calidade a todos os consumidores en calquera parte do planeta.





martes, 30 de octubre de 2012

Cooperativa da Rúa celebra o seu 50 aniversario coa elaboración dun viño espumoso

Foto: Adega Virxe das Viñas
A Adega Cooperativa "Virxe das Viñas" leva 50 anos compartindo a excelencia dos seus viños co consumidor e, para celebralo, ultimou a elaboración e do seu viño espumoso.

Así o notificaba onte a adega na súa conta de Facebook que, acompañado dunha foto que mostra a unidade e felicidade dos alí congregados, propúxose celebrar o seu 50 aniversario co seu público mediante a elaboración dun viño espumoso que, a recado, concentrará a excelencia que caracteriza aos viños DO Valdeorras.

A Adega Cooperativa Virxe das Viñas foi fundada polos viticultores da comarca de Valdeorras pertencentes a catro concellos: Petín, Vilamartín de Valdeorras, O Bolo e A Rúa, sendo esta última a localidade máis céntrica e onde se atopa situada.

Actualmente forman a Cooperativa un total de 850 socios e ten 350 hectáreas de viñedo, representando aproximadamente o 40% da produción da comarca e garantindo unha excelente calidade da súa materia prima.

Estes viñedos asíntanse en chans pizarrosos, calcáreos, graníticos - terrosos e de aluvión que se estenden polas ladeiras e as ribeiras dos ríos Sil e Xares. A diversidade de chans unida a un microclima especial, que vai desde o mediterráneo - tépedo ao mediterráneo - fresco, dá un carácter único aos seus viños, moi diferenciados doutros caldos e que recibiron numerosos galardóns e recoñecementos no ámbito nacional e internacional.

Os seus viños están elaborados baixo o amparo da máis moderna tecnoloxía, a partir das variedades de Godello, Doa Branca e Palomino fino para brancos, e Mencía, Garnacha e Grao - negro en tintos.

lunes, 29 de octubre de 2012

Joaquín Rebolledo seleccionado entre os viños de España máis destacados en Países Baixos

Fonte e foto: José Ramón Rodríguez Castellanos - Joaquín Rebolledo
Despois de conseguir unha mención honorífica no concurso "os mellores viños de España nos Países Baixos", organizada por Icex viños de España e a prestixiosa revista Persjwin; o godello da adega DO Valdeorras  "Joaquín  Rebolledo"  foi presentado os días 21 e 22 de outubro nun dos máis luxosos complexos de Holanda, o Kasteel de Witemburg  de La Haya.

 As impresións dos importadores, catadores, prensa especializada e restauradores asistentes ao acto son considerados pola adega como moi positivos. Feito que se traduciu na súa inmediata distribución en Holanda da man dun dos importadores máis destacados do país.

A 3ª edición do concurso "Os viños de España máis destacados en Países Baixos 2012", é un concurso bienal, organizado pola Oficina Comercial da embaixada de España conxuntamente coa revista especializada Perswijn, e que selecciona os 100 viños españois que mellor se adaptan ao mercado holandés nunha excelente mostra da diversidade e calidade dos viños españois de hoxe en día.

A resposta a esta convocatoria foi un gran éxito: case un milleiro de viños presentáronse ao concurso, o cal é indicativo do interese que o mercado holandés presenta para as adegas españolas.

Os viños foron catados por un xurado de 12 expertos neerlandeses de prestixio que seleccionou 106 finalistas, entre os que destacou Joaquín Rebolledo Godello 2011.

Á súa vez, o presidente do xurado e director da revista vinícola, Perwijn Ronald de Groot, resaltou que "houbo moitos viños de moi boa calidade e foi un labor difícil o escoller os mellores viños que polo seu sabor e calidade merecían un dos postos na lista dos mellores do concurso".

Desta forma a adega DO Valdeorras "Joaquín Rebolledo" reafirma o seu recoñecemento internacional pondo a súa particular pica en Flandes e ampliando un palmarés que lle se ve recoñecido por multitude dos máis importantes premios nos continentes europeo e americano.




Joaquín Rebolledo Godello 2011 presenta as seguintes notas de cata:

Vista: Cor ouro con ribete cera, brillante e nitido, lagrima espesa.

Nariz: Froita branca, anis, notas herbaceas escondidas, recordos citricos.

Boca: Entrada fresca, notas anisadas, paso graso en boca, lichis, pel de laranxa, froita branca, final en boca con postgusto medio longo e recordos herbaceos.



Coñece a adega Joaquín Rebolledo e os seus viños

Amplía información sobre o prestixio internacional de Joaquín Rebolledo

Talvez poida interesarche

Coñece todas as adegas que conforman a DO Valdeorras

sábado, 27 de octubre de 2012

Memoria de Ventura Mencía destaca no Salón de Mellores viños de España pola súa relación calidade prezo

 O viño da adega DO Valdeorras  da Pinguela, a seis euros a botella, destacou pola súa alta puntuación e baixo prezo no encontro da guía Peñín 2013

Cun prezo de seis euros a botella en adega, o Memoria de Ventura Mencía, destacou durante os dous días do Salón dos Mellores Viños de España da Guía Peñín como o de mellor relación calidade prezo de todo o evento.

De feito a organización sinalouno como unha das sorpresas da guía de este ano xa que, tratándose dun  viño novo, recibiu 94 puntos Peñín, feito  que atraeu o interese dos exportadores e profesionais que acudiron ao salón.

José Peñín, fundador da guía, sinala que "está a producirse unha revolución nos tintos do noroeste que están a marcar tendencia coa atención posta na tradición e o terruño", marco  dentro do cal se moven as adegas DO Valdeorras nun máis que firme afán de ofrecer a máis alta calidade, sempre ao mellor prezo.

Ademais do Mencía, tamén o Garnacha 100% de Memoria de Ventura recibiu unha boa cualificación na Guía Peñín do 2013, con 91 puntos.

 O Salón foi o primeiro evento da nova tempada de promoción da adega, que continúa o 10 de novembro en Salamanca e o día 12 en Madrid.

 Memoria de Ventura Mencía é o viño máis premiado da adega. As súas uvas son cultivadas a certa altitude, onde as noites de verán son frescas e os terruños graníticos axudan a conservar esa frescura achegando mineralidade e boa acidez.

Para a súa elaboración apostase por maduracións tardías, co fin de potenciar sensacións froiteiras e unha boa acidez. O resultado é un viño que lembra aos mencía clásicos que tan ben se elaboran en Valdeorras.