lunes, 26 de noviembre de 2012

Os viños DO Valdeorras xa están en Bruxelas

 Hai escasas horas que deu comezo a primeira das dúas presentacións que O Consello Regulador e adegas DO Valdeorras celebrasen en Bruxelas, ambas  rodeadas dun importante halo de expectación que superou as mellores previsións para estes eventos.

Ás 11:00 horas, o Hotel Meridién recibiu a unha comitiva DO Valdeorras formada pola representación  do Consello Regulador e once adegas, que mostrarán as excelencias da colleita 2011 ante un gran número de profesionais do sector Belga.

Nun acto que se prolongará até as 17:00 horas, os principais profesionais do sector do viño en Bélxica non quixeron perderse  a excelencia duns dos viños máis de moda no panorama vinícola internacional e, cunha sala case chea, poderán ratificar a gran expectación abalada polos máis prestixiosos concursos de Bélxica e Países Baixos cara aos viños DO Valdeorras.

Se hoxe toca o sector profesional, mañá será a quenda das altas institucións e o público en xeral que, nun acto marcado por unha gran demanda de asistencia e invitacións, esperan un cheo case total no centro da Fundación Galicia - Europa  da capital belga.


A Fundación Galicia Europa (FGE) é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1988 co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa.

Participada por diversas entidades públicas e privadas galegas, a Fundación está vinculada funcionalmente á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

A oficina de Bruxelas,  lugar de celebración da segunda presentación, forma parte das preto de 300 representacións rexionais establecidas na capital comunitaria.

Ao longo dos seus máis de 20 anos de historia, o traballo da FGE materializouse en catro grandes ámbitos de actuación que responden aos seguintes obxectivos:

    Defender os intereses de Galicia ante a UE

    Informar sobre a Unión Europea en Galicia

    Formar e sensibilizar sobre Europa en Galicia

    Promover a participación galega en proxectos europeos

No hay comentarios:

Publicar un comentario