lunes, 29 de octubre de 2012

Joaquín Rebolledo seleccionado entre os viños de España máis destacados en Países Baixos

Fonte e foto: José Ramón Rodríguez Castellanos - Joaquín Rebolledo
Despois de conseguir unha mención honorífica no concurso "os mellores viños de España nos Países Baixos", organizada por Icex viños de España e a prestixiosa revista Persjwin; o godello da adega DO Valdeorras  "Joaquín  Rebolledo"  foi presentado os días 21 e 22 de outubro nun dos máis luxosos complexos de Holanda, o Kasteel de Witemburg  de La Haya.

 As impresións dos importadores, catadores, prensa especializada e restauradores asistentes ao acto son considerados pola adega como moi positivos. Feito que se traduciu na súa inmediata distribución en Holanda da man dun dos importadores máis destacados do país.

A 3ª edición do concurso "Os viños de España máis destacados en Países Baixos 2012", é un concurso bienal, organizado pola Oficina Comercial da embaixada de España conxuntamente coa revista especializada Perswijn, e que selecciona os 100 viños españois que mellor se adaptan ao mercado holandés nunha excelente mostra da diversidade e calidade dos viños españois de hoxe en día.

A resposta a esta convocatoria foi un gran éxito: case un milleiro de viños presentáronse ao concurso, o cal é indicativo do interese que o mercado holandés presenta para as adegas españolas.

Os viños foron catados por un xurado de 12 expertos neerlandeses de prestixio que seleccionou 106 finalistas, entre os que destacou Joaquín Rebolledo Godello 2011.

Á súa vez, o presidente do xurado e director da revista vinícola, Perwijn Ronald de Groot, resaltou que "houbo moitos viños de moi boa calidade e foi un labor difícil o escoller os mellores viños que polo seu sabor e calidade merecían un dos postos na lista dos mellores do concurso".

Desta forma a adega DO Valdeorras "Joaquín Rebolledo" reafirma o seu recoñecemento internacional pondo a súa particular pica en Flandes e ampliando un palmarés que lle se ve recoñecido por multitude dos máis importantes premios nos continentes europeo e americano.




Joaquín Rebolledo Godello 2011 presenta as seguintes notas de cata:

Vista: Cor ouro con ribete cera, brillante e nitido, lagrima espesa.

Nariz: Froita branca, anis, notas herbaceas escondidas, recordos citricos.

Boca: Entrada fresca, notas anisadas, paso graso en boca, lichis, pel de laranxa, froita branca, final en boca con postgusto medio longo e recordos herbaceos.



Coñece a adega Joaquín Rebolledo e os seus viños

Amplía información sobre o prestixio internacional de Joaquín Rebolledo

Talvez poida interesarche

Coñece todas as adegas que conforman a DO Valdeorras

No hay comentarios:

Publicar un comentario