martes, 7 de diciembre de 2010

A gran relación calidade prezo que atesouran os viños da D.O. Valdeorras axúdanlle a superar a crise en 2010

foto: S. Prieto / La voz de Galicia

A cantidade de botellas vendidas en 2010 aproxímase ás de 2009 na Denominación de Orixe Ourensá.

A gran relación calidade prezo da que fan gala os viños Valdeorreses, propician que as unidades vendidas en 2010 se equiparen ás da campaña anterior, cuns números que roldan o tres millóns de botellas; paliando momentaneamente a crise.

Os prezos, que oscilan entre o seis e oito euros por botella en venda directa, e que se incrementan a entre once e dezaoito euros en restaurantes; fan dos caldos valdeorreses unha aposta máis que acertada por parte do consumidor. Desta forma o número de unidades vendidas non diminuíu con respecto ao ano anterior, ao contrario que outras Denominacións que destacan os seus produtos con prezos máis elevados. A este feito, axudan factores como a especilización dos consumidores neste sector, as políticas promocionais e de posicionamento que levan a cabo desde o Consello Regulador  e as adegas e o gran auxe e recoñecemento que están a alcanzar estes caldos a nivel internacional.

De tódolos xeitos, e dende o Consello Regulador, comunícasenos que a situación pode chegar a reverterse se se mantén a actual tendencia económica; xa que o deficit orzamentario nos fogares  pode afectar á compra dun produto que non é considerado de primeira necesidade.




viernes, 3 de diciembre de 2010

A exportación de viños de Galicia crece cinco veces máis, en 2010, que a do resto de España

Estados Unidos, Reino Unido e Suíza son algúns dos países que abren os seus padais aos caldos Galegos.

Mentres especialistas mundiais do viño, como o estadounidense Richard Halstead, máximo responsable de Wine Intelligence, cualifica aos caldos galegos como excelentes, incluíndoos na categoría de viños de luxo; as adegas galegas comezan a súa aposta pola promoción internacional e posicionamento no estranxeiro.

Aínda que a crise non é allea ao mundo do viño. O sector vinícola galego está a loitar enconadamente contra ela a base de produción, elaboración e promoción de caldos de altísima calidade que logran satisfacer os padais máis esixentes, non só en España, como mostran os recentes premios recolleitos polos viños das diferentes D.O. galegas; senón a nivel internacional, como se fai patente co crecemento exportador do último ano, logrando exportar cinco veces máis que o total o total do sector a nivel nacional.

Esta adaptación fundaméntase na innovación que se está levando a cabo na elaboración de caldos dende as diferentes Denominacións de Orixe galegas, que sumado a un cambio de tendencias, con miras postas no mercado exterior, fan da industria vinícola da rexión unha prolífera aposta de futuro. 


jueves, 2 de diciembre de 2010

O proceso de Vinificación en Valdeorras

Durante o último ano a Denominación de Orixe Valdeorras, a través do seu portal web, recolleu en formato audivisual diferentes pezas que mostran o proceso de elaboración do viño na Comarca.

Coa finalidade de mostrar a todos os interesados o mimo e saber facer que as diferentes adegas da Denominación de Orixe Valdeorras poñen na elaboración dos seus caldos; o portal Web dovaldeorras.tv, recolleu en diversos vídeos as diferentes fases do proceso. Desde pódaa até o embotellamento, a través das diferentes estacións do ano poderedes seguir no seu portal Web, de maneira completa e didáctica, como se elaboran uns dos caldos máis valorados do país. 



miércoles, 1 de diciembre de 2010

Washington e San Francisco serán dous dos destinos da D.O. Valdeorras en 2011

Tras o éxito cultivado en Nova York, a D.O. Valdeorras volverá cruzar o charco en 2011, rumbo a Washington e San Francisco.

A gran acollida recibida polos caldos valdeorreses no Great match de Nova York espertou o interese dos especialistas do viño no país das barras e estrelas, converténdose en visita obrigada para 2011. Ha este respecto tamén resulta salientable o seguimento que se está a realizar dende Rusia destes caldos, facéndose efectivo coa visita realizada por técnicos deste país o pasado mes.

Mentres no Consello Regulador seguen investigando para ofrecer un produto adaptado ás novas e dinámicas tendencias que caracterizan a este sector. Jorge Mazaira, máximo responsable técnico do Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras, atópase inmerso no estudo do proceso de elaboración de viño branco en madeira de Acacia.  


lunes, 29 de noviembre de 2010

Valdeorras premia as fotos da súa terra

Román Novoa,  José Pereira e David, fillo deste ultimo, posan na entrega de premios celebrada o pasado sábado na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

O amor pola terra e a paixón pola fotografía xúntanse no I Certame de Fotografía e imaxe dixital "O mundo do viño en Valdeorras". Os premiados, recibidos por José Luís García Pando, presidente do Consello Regulador, e Jorge Mazaira máximo responsable técnico; doan as súas fotografías á Denominación de Orixe. 
Por medio desta iniciativa o Consello Regulador pretende mostrar o seu compromiso polas novas tecnoloxías e o seu reflexo nas manifestacións artísticas.

jueves, 25 de noviembre de 2010

Máis recoñecementos para o Godello de Valdeorras

De novo a adega Rafael Palacios recolle un merecido recoñecemento outorgado, neste caso, por Guíaa Viños Gourmet.

A Guía de Viños Gourmet, pioneira en España, naceu en 1983 co obxectivo de promover, desde a independencia e o rigor, o coñecemento dos viños españois. Veinteseís anos despois, o produto editorial acode á súa cita anual cos lectores.

O Comité de Cata do Grupo Gourmets está composto por 23 profesionais en exercicio de cuio criterio consensuado se nutre o contido da Guía de Viños Gourmets. No transcurso dun ano, este grupo de expertos catou a cegas ao redor de 5.000 viños e seleccionado 1.121 para apuntar, comentar e cualificar ao consideralos dignos de figurar entre os mellores de España.

Un Valdeorras e dous Rías Baixas copan as primeiras posicións dos viños galegos nesta 26ª edición. Cunha cualificación de 8,5, Laxas 2009 e Pazo San Mauro 2009, ambos do D.O. Rías Baixas; acompañán a Louro do Bolo Leas Finas 2009, de adegas Rafael Palacios, no cadro de honra dos caldos galegos



martes, 23 de noviembre de 2010

Os Godellos de Valdeorras rozan a perfección según os expertos


"As sortes 2009", da Adega Rafael Palacios, logra unha cualificación de 99, outorgada pola Guía Proensa.

Os expertos dotaron con altísimas cualificacións aos Godellos Valdeorreses. Si "As Sortes 2009" lograba rozar a perfección cunha cualificación de 99 puntos segundo os expertos de Proensa, "Louro do Bolo", da mesma adega e elaborado con 92% godello e 8% treixadura, quedou a escasos 5 puntos, cunha valoración de 94. A adega Rafael Palacios viuse acompañada por Guitián, tamén valdeorresa á que se otorgarón aos seus viños "Guitián sobre Leas 2009", "Guitián 2008" e "Guitián 2009"; as cualificacións de 96, 94 e 93 puntos, respectivamente.

Mentres, o afamado crítico do viño Stephen Tanzer volvía incluír ao godello "Louro do Bolo 2009" na súa lista cunha cualificación de 91 puntos; acompañadó, neste caso, de Godello Valdesil cunha puntuación de 90.

Non é alleo para o sector vinícola mundial o auxe que está a ter o viño elaborado con variedade Godello, e xa son diversas as D.O. penínsulares que están a apostar pola exportación e implantación local desta variedade. Acto que o Consello Regulador de Valdeorras tóma con moita calma, informando que esta variedade é moi sensible e necesita unhas condicións especiais; e advertindo que a calidade dos godellos galegos, en especial Valdeorras, é un cúmulo de clima, chans e uva. Feito que ratifican especialistas norteamericanos tras realizar un minucioso seguimento sobre o tema.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Viño galego en carballo, unha prometedrora parella

Fonte foto e artigo: La voz de Galicia

O carballo do país preséntase como unha boa alternativa para a crianza

Cata de viños criados en carballo galego. Esta era o pasado sábado a penúltima actividade do Salón de Viños e Augardentes de Galicia (a última foi unha velada jazzística), celebrado esta semana na Coruña. Antes da cata, Ignacio Díaz Maroto, enxeñeiro agroforestal da Universidade de Santiago, avanzou algúns datos da investigación sobre o uso do carballo galego na crianza de viños, un traballo de I+D no que participan tamén a Universidade de Castela-A Mancha, a Adega Algueira, da Ribeira Sacra, e o Consello Regulador de Valdeorras. «Tampouco é que esteamos a inventar nada, porque isto xa o facían os romanos», apuntaba Maroto.

Levan ano e medio con este proxecto e fixeron unha primeira mostra con mencía de Valdeorras e de Ribeira Sacra «para poder facer unha comparativa». Dúas barricas de 225 litros, unha con viño de cada zona, serviron para ir rexistrando os primeiros datos. O de Valdeorras estivo en barrica un catro meses e medio «e xa o sacamos». O Ribeira Sacra estará case dez meses. O primeiro deles «ten un tostado lixeiro; iso é que cando se fixeron as barricas estiveron en contacto co fume, non co lume, porque os viños de aquí non aguantan ese tostado superior que teñen, por exemplo, os rioja», explicaba Ignacio Díaz. No caso da barrica con ribeira sacra «é sen tostado para poder comparar, para ver que pasa sen ningunha interferencia externa», detallou.

Marcial Pita, secretario da asociación española de xornalistas do viño, dirixiu onte a cata destes caldos galegos criados en carballo galego, unha investigación que continuará coa colleita deste ano «porque ás veces hai moita diferenza entre a anada dun ano e de outro», indicaba Díaz Maroto.

Este experto destacaba o dato recolleito o pasado xoves no suplemento Fugus de La voz de Galicia  por Luís Díaz, segundo o cal hai algúns colleiteiros, como Eladio Rodríguez en Ribeiro, que elaboran desde hai tempo «un tinto en barricas de carballo de bosques lucenses fabricados nunha tonelería de Xerez».

Para Maroto, o problema é que en Galicia non hai suficientes carballos, «unhas 220.000 hectáreas». Dos útiles para barricas, «teñen que medir máis de 40 centímetros á altura do peito», habería unhas 20.000.

«É unha madeira extraordinaria, con composicións en taninos moi boas e de calidade cando menos igual á do carballo americano, e habería que ver se non igual ao carballo francé, conclúe. Unha proba: os donos do whisky Macallan viñeron por carballo galego para crialo. Por todo iso, o futuro desa parella de «viño galego en carballo galego» é prometedor.


jueves, 18 de noviembre de 2010

Valdeorras presenta na Coruña a súa cata aberta

Dentro dos actos do VI Salón de Viños e augardentes de Galicia, a D.O. Valdeorras presenta ao gran público, a través do seu director técnico Jorge Mazaira, os viños DO Valdeorras. 

Do mesmo xeito que o resto de Denominacións de Orixe galegas, hoxe é a quenda de Valdeorras de ofrecer unha cata aberta en "Porto Centro Lecer", A Coruña. O seu director técnico Jorge Mazaira, mostrará as calidades dos caldos valdeorreses a todas aquelas persoas inscritas no acto. Este evento enmárcase dentro dos actos do VI  Salón de Viños e Augardentes de Galicia, que celebrará o seu día forte o vindeiro sábado en Palexco.

O Salón do sábado, foi o lugar escollido para a presentación pública da investigación que se está levando acabo na crianza de viños en carballo galego e na que participa unha adega valdeorresa.


miércoles, 17 de noviembre de 2010

Devino adica o seu quinto programa aos tintos de Valdeorras

O programa de V televisión que está a recibir unha gran acollida entre todo tipo de públicos, dedica o seu quinto programa aos tintos de Valdeorras.

Os viños tintos de Valdeorras, coas botellas de Lagar do Cigur Barrica do 2008 na cata e Sampayolo como recomendación, son os protagonistas deste programa no que tamén vos achegarán até a Adega Joaquín Rebolledo.