miércoles, 9 de diciembre de 2009
O CICLO DO VIÑO: A VENDIMA
Na Valdeorras rural, do mesmo xeito ca no resto de Galicia, e moitos outros lugares do mundo, o calendario occidental, rexíase polos ciclos da natureza. Deste modo, o viño, coma outros cultivos, tiña o seu propio ciclo segundo as estacións do ano. Velaquí neste vídeo, o ciclo do viño correspondente ó tempo da vendima, no outono.
As celebracións asociadas á vendima remóntanse ós tempos en que o viño era a ponte entre deuses e homes. Por iso, en Valdeorras a cultura de tradición oral está aínda moi viva e é por elo que os vendimadores de máis idade, mentres vendiman, alivian a fatiga con cantos populares de tradición oral.
A pesar dos tempos que vivimos de despoboación rural no mundo, é un pracer e unha fortuna ver que nesta comarca as novas xeracións de mozos e mozas seguen as tradicións dos seus avós acudindo a vendimar canda eles.
viernes, 4 de diciembre de 2009
Benqueridos amigos
Disculpen as molestias de novo. O portal web segue transferindo datos ó servidor a causa do volumen audiovisual do contido. Agradecemos a súa comprensión e esperamos sigan con nós nos próximos días.
Deseámoslles unha boa fin de semana.
Deseámoslles unha boa fin de semana.
jueves, 3 de diciembre de 2009
martes, 1 de diciembre de 2009
Valdeorras
Valdeorras é, na súa esencia, a nai do viño:
porque nela os romanos plantaron os primeiros viñedos
por ser berce de fillos e fillas de diversos e únicos nomes,
Godello, Dona Branca, Mencía, Merenzao, Brancellao, Souson, Negreda, Grao Negro...
porque os seus ancestros, dende tempos antes de Cristo, moldearon as viñas coas súas maos,
deica convertelas nunha extensión máis de sí mesmos
porque viu nacer unha denominación de orixe que foi das primeiras de España
porque nela, cada pedra ten seu sitio, e os lugares todos arrecenden preñados de milenarios nomes
porque viticultores e adegueiros arrulan os seus caldos coas paisaxes e as memorias irrepetibles no microcosmos que é cada viña
porque Valdeorras, foi nai quen de sintetizar, coa súa esencia, o sincretismo do viño ó longo do tempo, facéndonos sentir un universo en cada botella.

lunes, 30 de noviembre de 2009
A-DI-VIÑAS DO DÍA X (RESPOSTA)
Hoxe coñecemos a respuesta á pregunta de onte en A-DI-VIÑAS. O invento que supuxo o nacemento de A Rúa foi a chegada del ferrocarrila Valdeorras, inaugurado por Alfonso XII en 1883.
A-DI-VIÑOS DO DÍA X (resposta)
Hoxe coñecemos a resposta a pregunta de onte en A-DI-VIÑOS. O material que se utiliza a parte do corcho e a silicona sendo un tema de gran controversia dentro do mundo do viño.
XI: Curiosidades de Valdeorras
XI: Curiosidades da botella
XI: O universo de Valdeorras
Suscribirse a:
Entradas (Atom)