viernes, 4 de octubre de 2013

Críticos norteamericanos volveron a encumiar aos viños DO Valdeorras en New York Great Match


O Consello Regulador DO Valdeorras acudiu á cita anual co público especializado e profesionais do sector en New York Great Match, celebrado o pasado 24 de Setembro.

A comitiva DO Valdeorras, con Jorge Mazaira - director técnico do Consello Regulador - á cabeza, formou parte, un ano máis, da gran festa do viño que se celebra na capital do estado neoyorkino e que cada ano recibe á flor e nata dos viños españois.

Neste marco, a DO Valdeorras volveu a ser un dos grandes atractivos do salón e, por terceiro ano consecutivo, atraeu a atención dos máis selectos xornalistas especializados, críticos internacionais e "Wine Geeks" de Estados Unidos, Canadá, Sudamérica.


O acto,  celebrado o pasado 24 de setembro - en sesión de mañá e tarde - e cualificado como un gran éxito, referéndase nas palabras que Jorge Mazaira concede á nai do viño: " As expectativas non deixan de superarse ano tras ano. Á primeira sesión - pola mañá - conformada por xornalistas, bloggers e profesionais do sector, acudiron en masa unha gran cantidade deles, que encomiaron a calidade de brancos e tintos. Ademais, e a pesar de que xa son grandes coñecedores da DO Valdeorras e os seus viños, mostraron a súa inquietude por coñecer de maneira pormenorizada outros detalles máis peculiares como: tipo de chans, climatoloxía e outras cuestións técnicas, polo que se instou a realizar unha presentación máis persoal á que acudiron preto dunha trintena de xornalistas"

Tampouco se deixou de lado ao público non especializado e ao consumidor potencial, a quen se atendeu pola tarde. Segundo palabras de Mazaira "Pola tarde demos cabida a un público non especializado que para nós é sumamente importante. Só comentar que as existencias do Stand da DO Valdeorras esgotáronse, superando con moito a afluencia doutros anos".

Pola súa banda, o resumo xeral do evento concéntrase nas palabras e expresión de xúbilo de Jorge, que cualifica a participación DO Valdeorras en New York Great Match como "un novo gran éxito".


E con isto pechamos unha primeira semana de outubro que aínda se atopa en pleno período de vendimas por parte dalgunhas adegas da DO, e comezo de produción do viño por parte doutras. Así, o vindeiro luns convidámosvos a realizar un repaso connosco por estes traballos, ademais de traervos novidades sobre novas cualificacións e premios dos viños DO Valdeorras.   

Mentres, deixámosvos co vídeo da primeira participación dos viños DO Valdeorras en New York Great Match, aló por 2010.








No hay comentarios:

Publicar un comentario