martes, 8 de octubre de 2013

Choiva de medallas dende Córdoba para os viños DO Valdeorras


Información sobre premiados: Julio Ricarte - Coop. Virxe das Viñas

10 medallas foron os galardóns atorgados para os viños DO Valdeorras nos premios Mesquita 2013 que, dende Córdoba, volven encumbrar a estes viños  no noso país.

Un ouro, catro pratas e cinco bronces foi o palmarés concedido aos viños DO Valdeorras na XIX edición dos premios Mesquita 2013, celebrados o pasado 28 de setembro.

Un prestixioso xurado, composto polos integrantes da aula de Viño de Córdoba, premiou o traballo das adegas valdeorresas coas súas prestixiosas medallas "a Mesquita" sendo as seguintes embotelladoras as galardoadas:

(podes ampliar información sobre os viños e as adegas facendo click nas ligazóns violeta)

Adega - Coop. Virxe das Viñas foi galardoada cun ouro, dúas pratas e dous bronces.


A ADEGA COOP VIRXE DAS VIÑAS foi fundada no ano 1964 polos viticultores da comarca de Valdeorras pertencentes a catro concellos, Petín, Villamartín de Valdeorras O Bolo e A Rúa de Valdeorras que é a mais céntrica e onde se atopa situada.

Actualmente forman a Cooperativa un total de 850 socios e ten 350 hectáreas de viñedo representando aproximadamente o 45% da produción da comarca, garantindo a calidade da súa materia prima.

Os seus viñedos asíntanse en chans pizarrosos, calcáreos, graníticos terrosos e de aluvión que se estenden polas ladeiras e as ribeiras dos ríos Sil e Xares. Esta diversidade de chans unida a un microclina especial que vai desde o mediterráneo tépedo ao mediterráneo fresco dá un carácter único aos seus viños, moi diferenciados doutros caldos, e que recibiron numerosos galardóns e recoñecementos no ámbito nacional e internacional. Os seus viños están elaborados co apoio da máis moderna tecnoloxía a partir das variedades de Godello, Dona Branca e Palomino fino en brancos e Mencía, Garnacha e Gran - negro en tintos.


Estes foron os viños premiados de Adega - Coop. Virxe das Viñas:








Adega A Coroa foi galardoada coa Mesquita de Prata e a Mesquita de Bronce


A COROA, aínda sendo unha adega familiar, conta cun equipo de vinificación actual e moderno. Unha viticultura racional e vangardista, aproveitando a personalidade da variedade Godello e buscando sempre a calidade, é a filosofía que impulsa o traballo na Coroa, convencidos de que o viño se consegue principalmente no viñedo.

A elaboración céntrase nun trato minucioso e racional da uva utilizando a mellor tecnoloxía e respectando a heteroxeneidade dos terreos. Por iso, está adscrita ao selo de produción controlada DO Valdeorras.

O seu enólogo, Ángel Sánchez Cuesta, formado na Escola de Viticultura e enoloxía de Requena (Valencia), desenvolveu a súa profesión durante máis de 17 anos na Comarca de Valdeorras, convertendo aos viños de A Coroa nun referente tanto a nivel nacional, como internacional.

Perfecto coñecedor da viticultura e variedades de Valdeorras, é un dos pioneiros na elaboración da uva Godello e Mencía como monovarietales e probablemente un dos que mellor coñece o potencial vitivinícola e esta zona. Este feito produciu que os viños de A Coroa sexan recoñecidos en multitude de países e se podan atopar nas máis importantes mesas e restaurantes.


Estes foron os seus viños galardoados:



Adegas Santa Marta (Viñaredo) premiada con Mesquita de Prata


SANTA MARTA é unha adega familiar que desde 1998 produce, elabora e embotella os seus propios viños cunha constante: a calidade dos seus produtos ha de estar vixiada dende a vide até a botella.

Situado a 600 metros de altitude, nun clima de invernos fríos e veráns cálidos, o viñedo de Santa Marta atópase enmarcado dentro dun plan de produción integrada onde o respeito á planta e aos seus froitos é a base para a elaboración duns bos caldos.

Na seguinte etapa, cando a materia prima pasa á adega, todo o proceso de elaboración realízase coa máxima precisión posto que Santa Marta conta coa innovación tecnolóxica necesaria para iso.

Trátase, en definitiva, de buscar a precisión en cada proceso, e así obter a máxima calidade para os seus viños. Feito que ratifican os importantes premios nacionais e internacionais obtidos nos últimos anos. Proba fehaciente diso é o feito de que a adega foi a máis premiada de Galicia nas últimas distincións Gallaecia, con nada menos que 4 galardóns.


O seu viño galardoado foi:


Adega Avelina galardoada con Mesquita de Bronce


ADEGA AVELINA é unha adega adscrita ao Selo de Calidade DO Valdeorras situada en Córgomo, no municipio de Vilamartín.

 Os seus viños CASAL DE FURCOS, monovarietales cento por cento godello e mencía, son o mellor expoñente dunha traxectoria familiar de máis de cincuenta anos adicada á viticultura.

A súa marca actual, Casal de Furcos ROCÍO, é unha homenaxe á que xa é a cuarta xeración percorrendo os viñedos, a pequena Rocío, que con só dous anos xa goza co seu avó dos paseos entre cepas.

Toda unha tradición familiar que reflicte nos caldos das adegas a soleira do mimo e coidado da viticultura valdeorresa, transferindo a eses viños unha identidade propia e gran exclusividade, selo dos viticultores DO Valdeorras.


O seu viño galardoado foi:


Adega Viña Somoza galardoada con Mesquita de Bronce


ADEGA VIÑA SOMOZA desenvolve a súa actividade na Rúa de Valdeorras, tendo na actualidade unha adega cos mais importantes adiantos técnicos de ultima xeración, tanto de clasificación de uva (mesas selectoras), como de vinificación (prensas neumáticas de prensado suave, depósitos de aceiro inoxidable con decantadores e tinos de carballo francés, filtros de terras, equipos de micro filtración, embotelladora, etiquetadora, laboratorio, etc).

O bo manexo do seu viño debe estar apoiado por expertos. Xa que, segundo nos contan: de nada serven unhas boas viñas ou un manexo correcto do proceso de produción se non interveñen os que verdadeiramente entenden de viños.

En Viña Somoza todo está supervisado e dirixido polos enólogos Fernando González e Manuel Costas. 


O seu viño galardoado foi:



Ao longo da semana irémosvos dando cumprida información sobre novos premios, así como os labores de vendima e análise e recoñecementos dos nosos caldos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario