martes, 17 de septiembre de 2013

Líderes de opinión de Porto Rico encomian as virtudes do Godello



Marcos Mercado, reputado  Sumiller, xornalista e líder de opinión en tendencias vinícolas, encomia e analiza as virtudes dos "Godello DO Valdeorras" que se comercializan en Porto Rico.

A vinculación de Porto Rico con Estados Unidos extrapolou multitude de tendencias e modelos conductuais que, aínda que definen ao pobo portoriqueño cunha independencia cultural e sociolóxica propia, as relacións político-sociais que levan a este país a ser considero como un estado máis da unión, producen unha homoxeneidade de tendencias cara aos valores extrínsecos da nación das barras e estrelas.

E neste marco tamén ten a súa cabida a Godello que, tras ser encomiada polos máis importantes críticos estadounidenses e converter aos seus caldos nun produto en moitos casos "de culto", cada vez atopa un marco de acción máis definido na caribeña illa de Porto Rico.

Retomando aqueles pasos de Ponce de León na pescuda da fonte da eterna mocidade, o godello DO Valdeorras apúntase a retomar, talvez, ese papel de procura ou, talvez, preséntase como unha representación do fin mesmo, xa que: Quen non sente máis novo gozando dunha copa de Godello? -.

Marcos Mercado

Así, Marcos Mercado - reputado catador, xornalista, analista de tendencias vinícolas e líder de opinión - retoma a liña marcada por prestixiosos norteamericanos impulsores da variedade alén do Atlántico ( Robert Parker, Stephen Tanzer, Gerry Dawnes ou Eric Asimov ) para ofrecernos a súa particular visión a través da sección de tendencias do diario líder "El nuevo día". 

Aínda que Marcos difire en certos aspectos dos seus homólogos continentais en temas de semellanzas varietales e a gran evolución en botella que posúe o godello, o insular ofrécenos un zumento artigo que fala ás claras da proxección internacional destes viños.

Reza así:

"A uva Godello leva xa séculos facendo viño nas zonas de Galicia e Portugal. Existen apuntamentos respecto da uva por Plinio o Maior, un dos escribas de maior sona do Imperio Romano, nos tempos do César. Na Galicia de hoxe, a comarca de Valdeorras leva o liderado respecto da uva, que  aparece noutras zonas como o son Ribeira Sacra e Monterrei.

Este tema trata de viños brancos con identidade propia, e de perfil afrutado e aromático, entre 11,5% e 13% de grao alcohólico. Os escritores Eric Asimov (crítico de The New York Times) e Gerry Dawes (gran impulsor do viño español en USA) , comparan á Godello coa Chardonnay, en relación a que a uva produce e traduce a feitura e o terruño do viñedo segundo a súa procedencia. "Lémbrame á Chardonnay, polo menos no sentido de que é (a Godello) un tanto neutral e préstase a reflectir nos seus aromas e gusto o labor do elaborador" , indica Asimov. Alá eles. Hai cousas que eu non me atrevo a dicir, nin a confrontar.

Sen afán de comparar, a Godello pode agruparse no grupo que acomoda á Pinot Grigio, Sauvignon Blanc, Albariño, Trebbiano e Garganega, entre as cepas que logran viños lixeiros e secos con carácter, sen moito carballo. Outra característica destas uvas é que, mesmo ao combinarse con outras noutros viños, manteñen o seu carácter e identidade propia. Este grupo préstase ao beneficio dun contacto mesurado coas suas lias, que son os fermentos xa gastados, pero moi útiles para brindarlle textura e fixar o padal en certos viños. Outra característica que os agrupa é que non adoitan ser viños con potencial de garda a moderado prazo. O meu gusto é desfrutalos axiña que cheguen ao mercado e mentres máis novos, mellor. As excepcións son moi poucas.

Esperando ao sol

En Porto Rico,  o Godello preséntanos unha alternativa gostosa e divertida para quen gozamos de viños brancos lixeiros e gustosos, dos que se locen na copa ao esperar  que chegue a festa e mantéñense felices co menú. Unha pena que levamos un verán moi chuvioso en San Juan e non as puiden gozar na praia.

Viña Godeval 2012 - mostra de tanque : De cor pálida e relucente. Cheo de vida e aromas a durazno branco, con moi gustoso corpo confirmando a froita. A acidez chillona (por falta de descanso) e moi refrescante. Baixo-moderado en alcol. Directo e feliz. Un exemplo moi bo de Valdeorras. A mostra chega á miña copa grazas aos amigos Javier Cintrón e Emilio Fafián. (Nota: O viño aínda non está dispoñible en Porto Rico, fichará nos $15, máis ou menos.)

Adegas Rafael Palacios Louro 2011 e Valdesil 2011 : Ambos os viños cateinos na panadaría A Ceiba, acompañados dun gustoso arroz con mariscos chamado "arroz a banda" , moi apropiado para estes viños:

Louro 2011 - Mostra unha intensidade en aromas e padal moi elegante, cunha textura firme e posgusto agradable e longo. A froita é moi sa, con escintileos de mazá vermella crúa e minerais. Complexo e elegante.

Valdesil 2011 - Está feito nun estilo moi elegante, pois contén a delicadeza da froita, a firmeza no corpo grazas ao seu repouso en lias, e logra unha tensión balanceada de principio a fin. O viño é de perfil lixeiro, con máis cítrico e mineral na súa froita, nunca áspero nin pizarroso. Estrutura e finura.

Ambos os viños roldan os $40 por botella, servidos na Ceiba. (A Adega Rafael Palacios produce un terceiro viño, o As Sortes, un Godello de luxo con mérito e atributos especiais. Adegas de Compostela, Santurce)

A Coroa 2011 - Completo, complexo, moi ben estruturado. Este viño de Valdeorras ten un padal distinto, contén matices cítricos e de froita tropical en aromas e gusto, preséntase moi firme e desenvolvido no padal, un tanto amelado en textura. É un dos viños máis completos na súa relación calidade prezo. (Nos $30, servido en 100 Viños, Suchville, Guaynabo) [...] "






No hay comentarios:

Publicar un comentario