martes, 17 de septiembre de 2013

A Asociación de Sumilleres de Galicia "Gallaecia" celebra o seu 16 aniversario galardoando a 21 viños DO Valdeorras



21 caldos da DO Valdeorras, entre os que se atopa un viño tostado de recente lanzamento, foron galardoados coa distinción por parte da Asociación de Sumilleres de Galicia "Gallaecia".

Un ano máis e na súa inestimable labor de difusión e promoción do viño galego de calidade, a Asociación de Sumilleres de Galicia "Gallaecia" volveu a galardoar, coas súas distincións, aos viños máis destacados da tempada nas cinco Denominacións de Orixe Galegas. 

A presenza da DO Valdeorras nestes galardóns saldouse coa nada desdeñable cifra de 21 premios, entre os que se atopa o outorgado ao viño tostado "Viñaredo" (primeiro premio para un viño Tostado DO Valdeorras), de adegas Santa Marta, que sitúa a esta adega como a máis galardoada de Galicia, con nada menos que 4 distincións. 

  A continuación ofrecémosvos a relación de viños DO Valdeorras premiados coas "Distincións Gallaecia" 2013:

Podes acceder á ficha de cada viño e coñecer cada adega facendo click sobre o seu nome

BRANCOS

VIÑO – ADEGA












TINTOS

VIÑO  - ADEGA









TOSTADO

VIÑO – ADEGA



Hai xa 13 anos que a Asociación de Sumilleres de Galicia"Gallaecia" viu homologado o seu concurso de viños e, a través del, outorgan un dos galardóns máis consolidado no panorama nacional como Concurso Oficialmente Recoñecido polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño do Goberno de España.

É á súa vez un dos concursos onde máis viños  se catan  coa particularidade da dobre cata, en ambos os casos cega e a botella tapada. Nunha primeira fase as catas realízanse nos CCRR nas datas máis idóneas para as D.O., tanto pola evolución dos seus viños, como polo número de caldos xa no mercado. A ficha de cata utilizada é a da O.I.V (Organización Internacional do Viño).




No hay comentarios:

Publicar un comentario