martes, 3 de septiembre de 2013

Ouro para A Coroa Lías como viño mellor valorado e prata para Viñaredo Godello Barrica como segundo na súa categoría, ratifican o éxito dos viños DO Valdeorras nos premios Arribe 2013



Os brancos de Godello DO Valdeorras de A Coroa e Viñaredo seleccionados entre os máis destacados do certame internacional "Premios Arribe 2013".

A Asociación Vinduero-Vindouro fixo público o fallo do xurado da IX edición dos Premios Arribe 2013, onde os brancos de Godello da DO Valdeorras volveron a triunfar obtendo os máis altos resultados das súas categorías.

Este concurso internacional avalía os mellores viños de España e Portugal, entre o 5 e o 7 de agosto, na localidade salmantina de Trabanca. Alí, un comité de cata internacional formado por 23 enólogos e profesionais de prestixio, catou os 319 viños inscritos na IX edición do concurso.

Foto: Tribuna Valladolid

Nesta edición participaron viños procedentes de 44 D.O. de España e Portugal e todos os caldos son valorados mediante cata a cegas.

   O regulamento dos Premios Arribe establece os seguintes tipos de premios:

    ·  o Gran Arribe de Ouro, que é un premio único entre todos os viños a concurso, ao viño que maior puntuación obtivese de todas as categorías e sempre que estea por encima de 94 puntos

    ·  o Arribe de Ouro, que se outorga aos viños que lograron 90 puntos ou máis

    ·  o Arribe de Prata, que se outorga a todos os viños que recibisen máis de 85 puntos e menos de 90.


A Coroa Godello Lias 2011 medalla de Ouro con 91,33 puntos



A Coroa Godello Lías 2011, pertencente á adega A Coroa,  foi condecorado coa medalla de Ouro ao lograr a máxima puntuación na categoría "viños brancos sen crianza en madeira" con 91, 33 puntos.

Con esta medalla ratifícase o gran traballo dos adegueiros da Coroa quen, tras lograr ano tras ano multitude de premios nacionais e internacionais, seguen manténdose fieis a esta tradición a través dun viño que se presenta coas seguintes notas de cata:

Amarelo verdoso con lixeiro matiz pallizo, reflexo da intensidade solar alcanzada coa madurez da colleita.

Excelente intensidade con percepción floral de Sauco e Toxo - Ulex parviflorus -, cun leve final de hinojo silvestre (propio do varietal). Nun segundo plano parecen notas de froitas maduras como o pexego e a pavía. Cunha leve oxigenación, os matices da papaya e o mango preséntanse para dotalo dunha elegante e excelente capacidade aromática.

En boca a súa entrada é potente, caracterización dun viño branco maduro, pero á vez vivo grazas á súa  equilibrada acidez que nos lembra ao pomelo. O seu final é persistente, dotado dun lixeiro toque salino e sutil amargor característico do viñedo.

Pola súa banda, adega A Coroa é recoñecida a través do seu prestixio internacional que situou os seus viños entre os mellores dos 5 continentes. Desta forma e facendo alusión a algún dos seus recoñecementos, o seu branco foi seleccionado como o mellor branco de Godello polo prestixioso diario norteamericano The New York Times.

Ademais, A Coroa exporta máis do 50% da súa produción e son unha firme aposta de calidade por parte dalgúns mercados estatais como o sueco,  que seleccionou a este Godello - por segundo ano consecutivo - no seu tender de monopolio estatal en representación dos brancos españois. 





  

Medalla de prata para Viñaredo Godello Barrica 2012 con 88,80 puntos 


Viñaredo Godello Barrica, de adegas Santa Marta, sitúase como o segundo viño mellor puntuado da categoría "Brancos con crianza en Madeira" e a escasa puntuación do vencedor.

O gran traballo da adega catapultou aos seus viños a ser un dos buques insignia da rexión en canto prestixio e calidade e, este novo premio, vén ratificar a seriedade do traballo que se realiza en aras da innovación e o desenvolvemento sustentable na elaboración dos viños de Santa Marta.

Con Viñaredo Godello Barrica, un fiel nas máis altas puntuacións de Arribe na súa categoría (Ouro en 2011, prata en 2012) e medalla de Ouro en Bruxelas 2012, ratifícase o traballo sustentable do que vos falamos a través dun viño que se presenta coas seguintes peculiaridades:

Elaborado a través de maceración a baixa temperatura durante 10 horas. A súa fermentación realízase en diferentes barricas de roble francés, americano e caucásico. A súa crianza execútase en repouso sobre as súas propias lías durante un período de seis meses.

As súas notas de cata defíneno como un branco de brillante dotado de cor amarela palliza. Con notable complexidade en nariz,  é definido por aromas de boa intensidade de froita exótica, meles e matices tostados dunha coidada selección de robles.

En boca preséntase graso, con final aromático e sutil amargor, sendo cualificado desta forma como: un viño persoal á vez que de gran elegancia.

En adicción, adega Santa Marta presenta até nove variedades diferentes de viños, todos eles elaborados coa honestidade, rigor e criterio característicos da DO Valdeorras.






No hay comentarios:

Publicar un comentario