lunes, 22 de octubre de 2012

O estado de Nova York, unha segunda casa para o Godello DO Valdeorras


Desde hai anos, abalado polas máis altas críticas do sector vinícola internacional, o Godello DO Valdeorras converteuse nunha variedade de moda na capital comercial, a cidade máis poboada e un dos estados máis emblemáticos da gran potencia norteamericana, Nova York.

Non só na Gran Mazá, Brooklyn ou Queens calquera vinoteca que se prece ofrecerache unha selecta variedade de Godellos DO Valdeorras, senón que, tamén, a súa comercialización estendeuse a outras cidades do Estado como Albany, Buffalo, Rochester, Syracuse ... e por suposto a capital do veciño estado, New Jersey.

A proliferación da variedade valdeorresa nun dos públicos máis selectos do mercado internacional, non pasou desapercibida para os grandes especialistas da rexión, quen mostraron un notable interese en difundir a excelencia do Godello presentándoo aos seus públicos dunha maneira descritiva, analítica e concisa.

Un exemplo diso son os diversos premios e mencións outorgadas polo sector norteamericano, atopando  unha das súas máximas expresións nas verbas do especial adicado, esta primavera, por "The New York Times", onde se cualifica á variedade Godello como a gran promesa de España no sector internacional do viño.



Todo iso débese ao  esforzo adicado por viticultores, que transmitiron a máxima expresión do seu traballo na calidade dos viños; pero, en adicción, o incansable traballo das adegas DO Valdeorras en campañas presenciais de promoción e a participación do Consello Regulador en actos como o "New York Great Match de 2010", catapultaron a identificación da calidade dos Godellos DO Valdeorras nunha das urbes máis poboadas do planeta.

Neste marco séguense movendo as adegas DO Valdeorras e, entre elas, A Coroa, quen hai escasas semanas e por petición exclusiva do seu distribuidor, desprazouse ao estado de Nova York para realizar exclusivas presentacións da colleita 2011, dentro dos actos da " III degustación de viños Suramericanos e Ibéricos".

Mediante tres presentacións realizadas en Buffalo, New Jersey e a propia Nova York, creouse unha gran expectación e éxito de afluencia de profesionais da restauración de todo o estado, destacando contas como a de Jean Georges, un dos restaurantes máis representativos e influentes de Nova York.

 Pola súa banda a confirmación final do éxito outorgouse na presentación de New Jersey que, cun enfoque ao consumidor final, ratificou a magnífica aceptación que os Godellos posúen nesta rexión.

Como valoración final, o distribuidor e á vez organizador do evento, T. Edwards, agradeceu a presenza ao acto das adegas participantes, fundamentándose na excepcional acollida do evento e convidándoas a participar en próximas edicións, xa que, segundo as súas palabras, "terán o éxito asegurado".


Desta forma, os viños DO Valdeorras seguen camiñando á vez do máis destacado recoñecemento internacional que se ve ampliado cada día en máis países e os seus respectivos consumidores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario