martes, 16 de octubre de 2012

San Sebastián únese á moda do Godello DO Valdeorras

Tras o éxito cativado pola  DO Valdeorras en "San Sebastián Gastronomika - Euskadi Saboréaa", un dos certames de alta cociña de maior repercusión a nivel internacional, moitos dos asistentes ao acto optaron por incluír aos godellos DO Valdeorras nas cartas de viños dos seus restaurantes.

Os viños elaborados con uvas da variedade godello mereceron os eloxios dos visitantes do expositor do Consello Regulador de Valdeorras no congreso 'San Sebastián Gastronomika- Euskadi Saboréaa' que, acompañado por unhas 15 adegas, promocionou os seus caldos entre os hostaleiros do País Vasco.

Tras as boas expectativas que se anunciaban neste blog hai unha semana, o éxito dos viños valdeorreses foi ratificado polo director técnico do Consello Regulador, Jorge Mazaira, momentos antes de que o recinto feiral do Kursaal botase o peche. 'Quedaron moi sorprendidos cos godellos', dixo. Apuntando que algúns viños da Denominación de Orixe xa están introducidos nos locais de pintxos e restaurantes da cidade.

A feira gastronómica de San Sebastián comezou o pasado 7 de outubro e o seu programa inclúe o Campionato de Catadores de España, un certame que reúne aos máis importantes do Estado.

A importancia do certame aválana os integrantes do comité técnico do congreso, un órgano no que participan os máis recoñecidos restauradores da alta cociña de Euskadi: Karlos Arguiñano, Juan Mari Arzak, Martin Berasategui, Andoni Luís Adúriz, Pedro Subijana e Hilario Arbelaitz.


Desta forma, a DO Valdeorras dá outro pasiño cara adiante na promoción da excelencia dos seus viños nun dos mercados de maior consumo e esixencia da península. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario