jueves, 23 de agosto de 2012

Os viños Viñaredo Godello Barrica e Joaquín Rebolledo Mencía acompañan a Memoria de Ventura no triunfo da DO Valdeorras nos premios Arribe

Se a semana pasada se anunciaba o triunfo dos viños de Adega A Pinguela nos premios Arribe 2012, hoxe amplíase información cos outros dous viños DO Valdeorras premiados nesta edición dos prestixiosos galardóns. Desta forma Viñaredo Godello Barrica, de Adegas Santa Marta, e Joaquín Rebolledo Mencía 2011, da adega homónima, son os viños que converten a DO Valdeorras na denominación de orixe galega con maior número de galardóns.
  Viñaredo Godello Barrica fíxose acredor do Arribe de Prata, nos premios homónimos, celebrados na Localidade de Trabanca, Salamanca.

Viñaredo Godello Barrica é o conxunto da fermentación da variedade Godello en diferentes barricas de carballo francés, americano e caucásico. Durante seis meses criouse en repouso sobre as súas propias leas. Viño de brillante de cor amarela palliza. Complexo en nariz, destacan aromas de boa intensidade a froita exótica, meles e matices tostadas do seu contacto co carballo. En boca é graso, cun final aromático e un lixeiro toque amargo. Un viño persoal e elegante.

SANTA MARTA é unha adega familiar que desde 1998 produce, elabora e embotella os seus propios viños cunha constante: a calidade dos seus produtos ha de estar vixiada desde a vide até a botella.

Situado a 600 metros de altitude, nun clima de invernos fríos e veráns cálidos, o viñedo de Santa Marta atópase enmarcado dentro dun plan de produción integrada onde o respecto á planta e aos seus froitos é a base para a elaboración duns bos caldos.

E na seguinte etapa, cando a materia prima pasa á adega, todo o proceso de elaboración realízase coa máxima precisión posto que Santa Marta conta coa innovación tecnolóxica necesaria para iso. Trátase, en definitiva, de buscar a precisión en cada proceso e así obter a máxima calidade para os seus viños, tal e como ratifican os premios obtidos.




Coñece Adegas Santa Marta

Coñece os premios de Adegas Santa Marta

Accede á tenda Online

Segue as últimas noticias de Viñaredo en Facebook


 
Pola súa banda, o outro viño premiado foi Joaquín Rebolledo Mencía 2011, que tras facerse acredor de mellor Tinto de Galicia ademais de diversos premios a nivel nacional e internacional, suma ao seu palmarés 2012 este prestixioso Arribe.

Elaborado con Mencía 100% seleccionada, realiza a fermentación durante 6 días en depósitos de aceiro e unha longa maceración cos hollejos durante 20 días con dous remontados diarios.

Cor vermella cereixa intenso e brillante, con bordos morados. Limpo. Capa media. Boa bágoa.
Aromas de marcado carácter varietal, moi limpos e vivos. A copa parada, atopamos moitas notas especiadas, cun destacado chocolate, mesturadas con notas minerais (recordos de lousa) sobre un bo fondo de froitas vermellas e negras. Ao abrirse, a froita gaña en intensidade e expresividade con frescos toques balsámicos.

Saboroso, fresco, elegante e fácil de beber. Boa entrada, cun paso sedoso, cheo de froita, incluso algo goloso. Boa acidez. Bo final con sensacións froiteiras moi agradables.

Coa mencía como variedade tinta por excelencia no norte peninsular. O prestixio de Joaquín Rebolledo en Tintos é mítico e continúa gañado prestixiosos premios de primeiro nivel internacional: no ano 2006 Joaquín Rebolledo Mencía gañou a Medalla de Ouro na modalidade de Mencías do Concurso de Viños do Noroeste. En 2007 Joaquín Rebolledo Mencía fíxose co Acio de Prata outorgado pola Xunta de Galicia. En 2010 gana o Baco de Bronce outorgado pola Unión Española de Catadores, 96 puntos outorgados pola Asociación Galega de Catadores e Medalla de Ouro no Concurso Internacional "Premios Arribe 2010".



Accede á tenda Online


Desta forma, tal e como anunciabamos con anterioridade, as adegas DO Valdeorras siguén a súa proxección a nivel nacional e internacional recibindo premios dentro e fóra das nosas fronteiras e facendo patente o devandito que cualifica aos caldos desta DO como a Revolución Enolóxica do Século XXI.



Amplía información sobre os outros dous viños DO Valdeorras premiados en Arribe 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario