martes, 21 de agosto de 2012

Alan de Val presenta o seu programa de formación Teórico-práctica de Viticultura, Enoloxía, Cata e Comercialización de Viños


       Alan de Val ten o pracer de presentarlles o programa do proxecto de Adega Escola para a formación Teórico-práctica de Viticultura, Enoloxía, Cata e Comercialización de Viños.

   A Adega Escola Alan de Val presenta unha innovadora e eficaz acción formativa para a aprendizaxe real da viticultura e a enoloxía dentro do marco teórico- práctico da adega, os seus viñedos e os seus viños.

      As claves que ofrece Alan de Val para unha exitosa formación residen na experiencia persoal do alumno a través da posta en práctica dos coñecementos adquiridos, e supón unha estratexia revolucionaria na formación tanto profesional como educativa para a comprensión de todos os procesos da vide e o viño.

      O Programa Formativo" Experience " en Viticultura, Enoloxía e Cata de Viños vai dirixido aos seguintes colectivos:

 · Emprendedores na área agro/rural que queiran adquirir os coñecementos necesarios para crear e desenvolverse nunha nova actividade vitivinícola, xa sexa explotación dun viñedo ou posta en marcha dunha adega familiar.

· Alumnos que acabaron os seus estudos de enoloxía e desexen realizar as prácticas correspondentes á súa formación así como adquirir as claves de éxito para unha viticultura e enoloxía eficaz e razoada.

· Calquera persoa que desexe experimentar o mundo da vide e o viño en todas as súas fases produtivas, resultando unha vivencia inesquecible á vez que didáctica e de gran coñecemento cultural e rigoroso.

O programa "Experience" terá unha duración de 2 meses, dando comezo o 17 de setembro ( coincidindo coa data de inicio de vendimas na D.O. Valdeorras ) e finalizará o 16 de Novembro.

   As horas lectivas totais son de 384 horas repartidas en 160 horas de teoría e 224 horas de prácticas en horario de luns a venres.
 
O curso inclúe a estancia e hospedaxe dos días lectivos, a pensión completa alimenticia correspondente, todo o material formativo e didáctico (cadernos, manuais, libros e demais elementos necesarios), o equipamento de protección individual (EPI) así como o vestiario de adega e viña e a totalidade das clases do programa formativo que se impartirán na viña, adega, laboratorio de análise e na aula de cata e o seu prezo total é de 2900 euros.

O  prazo  para  a  inscrición  e  matriculación  comeza o día 20 de Agosto e finaliza o 14 de Setembro. A preinscrición poderá realizarse a través de mail ou mediante solicitude adxunta debidamente cuberta  e acompañada  de fotocopia    do  DNI.  O  pago  da matrícula  poderá  efectuarse  a través de ingreso bancario  ou en efectivo.
Folleto Bodega Escuela







 


No hay comentarios:

Publicar un comentario