martes, 21 de agosto de 2012

A longametraxe galega Vilamor e os viños de adega DO Valdeorras "A Coroa" obteñen premios e grandes eloxios en Nova York.

  O New York International Filme Festival, celebrado a pasada semana na capital de Estado Americana, traduciuse nun éxito rotundo para a cultura galega representada cinematografícamente pola longametraxe Vilamor e enolóxicamente polos viños de A Coroa.

As sinerxías creadas entre o cinema e a enoloxía supuxeron un grande éxito de acollida para Galicia no New York International Filme Festival. Así, a adega da DO Valdeorras "A Coroa"  quixo contribuír de maneira desinteresada á presentación do filme galego, que se celebrou a pasada semana na Casa de España da capital neoiorquina e que obtivo dous importantes premios no Festival, cedendo varias caixas de viño para o acto.

Nun evento de marcado carácter cultural, no que ademais de destacadas figuras do audiovisual internacional déronse cita varios representantes institucionais, o equipo de Vilamor presentou os viños DO Valdeorras personificados na adega A Coroa, como uns dos grandes embaixadores de Galicia a nivel internacional.


Na presentación do Filme, o equipo de Vilamor fixo unha pausa para realizar un brinde coa Coroa, durante o cal o director Ignacio Vilar explicou con todo detalle, e por medio dunha intervención duns 15 minutos, o longo percorrido e as características que levaron aos caldos da DO Valdeorras a se converter nuns dos viños máis de moda no panorama vinícola internacional.

Unha vez rematadas as presentacións, os asistentes tiveron a posibilidade de degustar entre grandes eloxios os viños de A Coroa, mentres se tomaban fotos co equipo de Vilamor representado polo director Ignacio Vilar e os actores Rubén Riós, Sabela Arán, Xoel Yáñez e Mayka Braña.


Pola súa banda, a tamén presente Isabel Pérez (Conselleira de Cultura do Concello de Ourense) encargouse de lembrar a importancia de axuntar os acervos de Galicia a través das diversas e ricas manifestacións culturais, artísticas, gastronómicas e enolóxicas da terra.

A través deste acto, móstrase o firme compromiso das adegas DO Valdeorras coa internacionalización da cultura galega, reforzando, á súa vez, o prestixio que os viños desta DO teñen no estranxeiro.


Presentación A Coroa y Vilamor en New York
Coñece A Coroa

Amplía información sobre os premios de Vilamor no New York International Filme Festival

Coñece o prestixio internacional do Viño DO Valdeorras

Coñece a DO Valdeorras

No hay comentarios:

Publicar un comentario