sábado, 18 de agosto de 2012

Éxito de Adega dá Pinguela nos "Premios Arribe 2012"

Adega da Pinguela é galardoada con dous Arribe de prata na VIII edición dos prestixiosos premios homónimos celebrados os días 6 e 8 de Agosto na localidade Salmantina de Travanca.

Novo éxito para os viños DO Valdeorras personificados nos tintos de Adega da Pinguela que consegue dúas Arribe de prata, uníndose a outras dúas adegas da DO que aínda están por determinar.

Un comité formado por enólogos, profesionais de prestixio e traxectoria internacional, catou un total de 507 viños de 56 denominacións de orixe de España e Portugal, outorgando dúas Arribe de prata a Adega da Pinguela polos seus viños Memoria de Ventura Mencía, na categoría de Tintos Novos, e Memoria de Ventura Garnacha na categoría Tintos con Crianza en Madeira inferior a 6 meses.

Desta forma, a DO Valdeorras convértese na denominación de orixe galega máis premiada nos premios Arribe 2012, con 4 galardóns; dous deles outorgados a outras dúas adegas que vos daremos a coñecer cando se fagan públicos os seus nomes.

Polo momento deixámosvos con este microdocumental  exclusivo de Adega da Pinguela elaborado por Pasen e Vexan Comunicación.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario