jueves, 5 de julio de 2012

Varias adegas DO Valdeorras reafirman o seu compromiso co público galego en Auria Vinum Ourense

 Unha vez pechada a presentación adicada ao sector profesional celebrada onte e antonte en Restaurante Maimón (Ourense) e na que o viño "A Escada" de adegas Alan de Val brillou con luz propia, o particular túnel do viño da cidade de Ourense ultima preparativos para abrir as súas portas ao gran público o próximo día 7 de Xullo.

O 1º Salón e Túnel do Viño de Ourense, "Auria Vinum", discorrerá no edificio do Museo Municipal, na rúa Lepanto, ao carón da Catedral de Ourense e celebrarase o sábado día 7 xullo en horario de 11:30 a 13:00 horas e de 18:30 a 21:00 horas.

Aproveitando unha contorna tan especial como a Cidade Vella de Ourense, en plena zona de tabenas e tascas e dentro da incomparable Auria (Ourense), capital no Antigo Reino; os viños DO Valdeorras realizarán un armoníaco encontro co gran público, inmersos nun marco amenizado pola rica vangarda gastronómica da terra, da man de Javier González (Cheff de Grupo Nove e Restaurante a Rexidora), e as creacións artísticas do pintor "Basalo".

Neste incomparable ámbito no que o viño das diferentes DO´s de Galicia será o protagonista, os caldos DO Valdeorras xogarán un papel destacado a través da calidade internacional representada por Adegas María Teresa Núñez co seu viño Bioca e polo novo viño de autor José Aristegui, que presentará en exclusiva a súa última creación "O Traste".

A elas únese a calidade e excelencia dos viños Alan de Val, que foron os seleccionados polo prestixioso Cheff de Vangarda Culinaria de Galicia, Javier González, para a súa presentación en maridaxe con Sopa de Tomate, Queixo San Simón e Lagostinos.

O público que así o desexe, poderá asistir a este magnífico evento polo módico prezo de 5 euros e, dentro do cal, poderase degustar a apreciadísima calidade dalgúns dos viños máis representativos das 5 DO galegas con importante repercusión no panorama vinícola internacional.

valo a perder? ...reserva xa a túa praza a través do teléfono: 988 388 108


Coñece de primeira man o compromiso de Adega Alan de Val co público galego

No hay comentarios:

Publicar un comentario