viernes, 6 de julio de 2012

Manitas de Porco Celta en maridaxe con Mencía DO Valdeorras

  Como cada venres, hoxe vai de receitas e, na mesma liña que semanas anteriores por cortesía de Grupo Nove e a DO Valdeorras, ofrecémosche unha receita da mellor cociña de Vangarda Culinaria de Galicia, Manitas de Porco Celta en maridaxe con Mencía DO Valdeorras.


Esta receita chéganos da man de Héctor López, un Cheff novo, inquedo e cunha mente aberta, en constante evolución de aprender cada día pondo toda a súa dedicación e agarimo no que fai.

Héctor preséntase da seguinte maneira:

"Empecei traballando no restaurante da miña familia desde moi novo. Despois de cursar os meus estudos no Centro Superior de Hostalaría de Santiago, decidín empaparme do que se estaba facendo en España e fíxeno da man de Pedro Subijana e Toño Pérez entre outros. Desde hai algúns anos centreime na cociña do restaurante España, onde día a día tento rexuvenecer a cociña de Lugo". (Héctor López)

Así presenta Héctor este prato e a súa maridaxe


O seu restaurante, "España", atópase nunha constante evolución de 100 anos e, nel, os irmáns López achegaron o golpe de forno xeracional a un restaurante xa acreditado na vía tradicional polo seu pai. Héctor apostou por unha combinación comedida pero perfectamente definida, entre a herdanza ortodoxa e o "aggiornamento" dunha despensa moi sólida do abasto rural, tanto de montaña como de litoral.

O cambio de estilo coincidiu, en coherencia, cunha reforma dos equipamentos e servizos do restaurante, o cal, desde as súas orixes como cafetaría, cumpriu o medio século en espléndida e irresistible ascensión, a mesma que comparte co cociñeiro o seu irmán Francisco, á fronte da sala.

Convidándovos a que o vindeiro venres gocedes dunha nova receita de vangarda culinaria en estreita maridaxe con viños DO Valdeorras, lembrámosvos que, esta fin de semana, Auria Vinum Ourense abrirá as súas portas para que gocedes da excelencia dos caldos galegos en maridaxe coa mellor gastronomía da terra baixo a batuta de Javier González, Cheff de "Grupo Nove" e máximo responsable do Restaurante a Rexidora.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario