martes, 10 de julio de 2012

Ven a gozar do I Salón Gastronómico de produtos Excelencia de Galicia e Norte de Portugal este fin de semana a O Barco

 Como xa se avanzou en anteriores publicacións, esta fin de semana a vila de O Barco acollerá o I Salón Gastronómico de produtos Excelencia de Galicia e Norte de Portugal, con varias adegas DO Valdeorras como protagonistas.

Algunhas das manufacturas gastronómicas máis destacadas de Galicia e Norte de Portugal, abandeiradas baixo o selo de Excelencia de produtos da Eurorexión, daranse cita os próximos días 14 e 15 de xullo no paseo de O Malecón, O Barco de Valdeorras.

Nunha cita ineludible para os viños DO Valdeorras, varias serán as adegas que representarán a calidade dos caldos elaborados na rexión e que se poderán comprar e degustar nas diferentes casetas en combinación coa máis rica gastronomía das diferentes rexións que compoñen o proxecto de colaboración e promoción transfronteiriza.



Lembrámosvos as adegas de DO Valdeorras que se presentarán no acto co selo Excelencia da Euroregión:

 Podes ampliar información sobre cada unha delas facendo click sobre o seu nome

Adega Godeval

Adega Quinta da Peza

Adega Santa Marta - Viñaredo


Adega Alan de Val

Adegas D´Berna


 Como plus engadido, todas aquelas persoas que así o desexen poden participar no acto a través de creacións gastronómicas e por medio dun concurso de bocadillos. Estes participantes terán a oportunidade de conseguir 3 exclusivas fins de semana turísticas noutros 3 importantes centros de turismo de Galicia e Norte de Portugal.

 Fai click sobre imaxe para ampliar

No hay comentarios:

Publicar un comentario