miércoles, 4 de julio de 2012

Os viños DO Valdeorras embaixadores do I Salón Excelencia de produtos de Galicia e Norte de Portugal

 Varios viños de adegas DO Valdeorras vestirán as súas mellores galas para participar no I Salón de Produtos de Excelencia da Eurorexión Galicia e norte de Portugal, que se celebrará na vila valdeorresa de O Barco.

O Paseo do Malecón de O Barco será escenario do I Salón de Produtos de Excelencia, que se desenvolverá os días 14 e 15 de xullo e no que varias adegas DO Valdeorras compartirán protagonismo con outros 22 produtores de Galicia e o Norte de Portugal.

Como xa adiantaramos en pasadas publicacións, algunhas das adegas máis significativas da comarca compartirán a súa excelencia dentro deste marco no que, esa mesma excelencia, serve como selo identificativo da calidade das manufacturas.

Previa confirmación oficial do montante total de adegas participantes, aventurámonos a citar as xa confirmadas:

Podes ampliar información sobre cada unha delas facendo click no seu nome

Adega Godeval

Adega Quinta da Peza

Adega Santa Marta - Viñaredo

Adega Alan de Val


Un dos alicientes que ofrece a organización, adxudicada a 'Imaxina Solucións', é o concurso popular de "montadiños". Nel poderán participar todos os interesados, que só deberán reunir un requisito: incluír nas súas creacións un dos produtos expostos no 'Salón Gastronómico'.

  Outorgaranse tres premios ás mellores creacións, consistentes noutros tantos fins de semana en Sarria, Barcelos e o Pazo do Castro barquense.

A medida que se vaía ampliando información, irémosvola transmitindo a través do blog "Un universo en cada botella" e as redes sociais de "A nai do viño"

No hay comentarios:

Publicar un comentario